El plazo de presentación finalizó el 08/09/2022

IG239 - OBRADOIROS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2022)

Finalidad / Objetivo

Os obradoiros concíbense como espazos de encontro entre empresas (para definición de empresa atenderase ao establecido no artigo 1 do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014) para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.

Estes espazos de encontro terán necesariamente carácter presencial, aínda que poderá continuarse o contacto entre os membros do grupo e organizarse outros eventos en entornos virtuais.

Tendo en conta a actual situación, aclárase que se considerará que un espazo de encontro ten “carácter presencial” cando as persoas participantes se atopen simultaneamente no mesmo lugar, ou ben cando empreguen unha ferramenta de presenza virtual que asegure a súa interacción simultánea desde distintos lugares, como pode ser unha videoconferencia grupal.

Cada espazo de encontro poderá estar articulado a través de unha ou varias reunións, ademais doutras actuacións de contacto entre os membros do grupo que poidan ser necesarias. Estas reunións terán que documentarse en vídeo ou por escrito acompañada de fotografías.

En cada espazo de encontro deberán participar persoas dun mínimo de 6 empresas distintas. Considerarase que cada reunión está validamente constituída para os efectos destas axudas se asisten persoas de 2/3 das empresas participantes no correspondente espazo de encontro. A cada reunión poderán asistir diferentes persoas por cada empresa.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal a efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou “hubs” de innovación dixital ao abeiro da Estratexia Galega de HID.

b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido ao efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE nº 20, do 23 de xaneiro de 2009).

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As entidades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

1º Dimensión do proxecto. En función do número de empresas participantes: 2 puntos por empresa ata un máximo de 20 puntos.

2º Calidade técnica do proxecto: ata 25 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:
i. Madurez da proposta en canto á definición da temática e obxectivos do espazo de encontro. Ata 10 puntos.
ii. Intensidade da participación das empresas que se vai promover: valóranse as propostas metodolóxicas que promovan unha actitude máis activa e participativa por parte das empresas asistentes. Ata 5 puntos.
iii. Utilización de metodoloxías probadas de dinamización de grupos e xeración de ideas. Ata 5 puntos.
iv. Diversidade en canto á posición na cadea de valor sectorial das empresas participantes. Ata 3 puntos.
v. Propostas concretas de colaboración co Igape na difusión dos resultados dos proxectos. Ata 2 puntos.

3º Sector ou ámbito de actividade no que se desenvolva o proxecto: 15 puntos, que se outorgarán a proxectos sectoriais onde a maioría das empresas ás que está dirixido o obradoiro pertenzan a un dos sectores prioritarios definidos na Axenda de Competitividade:
i. Estratéxicos: Agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Naval/Industria marítima, Pedra Natural, Téxtil-moda.
ii. Emerxentes e de alto potencial: Aeronáutico/aeroespacial, Industria da saúde e do benestar, Industrias creativas, Biotecnoloxía, Novos materiais, Ecoindustria, TIC.

4º Experiencia do organismo intermedio na xestión de proxectos colaborativos nos 3 anos inmediatamente anteriores á solicitude de axuda: 3 puntos por cada proxecto de dinamización de grupos finalizado con resultados cuantificables e 1 punto por cada proxecto finalizado noutra temática ata un máximo de 20 puntos.

5º Efecto tractor no sector. Xustificación do interese e atractivo, para as empresas do sector, da implementación dos resultados esperados do obradoiro: ata 20 puntos.

En caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio 2º. Se aínda así seguise existindo empate, decidirase pola maior puntuación nos criterios 1º, 3º, 4º e 5º, por esa orde. En caso de persistir o empate, determinarase a precedencia polo número de expediente máis baixo.

Os proxectos deberán acadar 60 puntos na baremación para ser aprobados.

Inversiones o gastos computables

1. Poderanse subvencionar os seguintes gastos nos que incorran os organismos intermedios para a organización dos obradoiros:

a) Colaboracións externas directamente relacionadas coa execución do proxecto, para a dirección e dinamización dos grupos de empresas. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas do organismo nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

b) No suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado polo beneficiario poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación do beneficiario con respecto ao IVE ou, de ser o caso, unha declaración responsable da entidade na que xustifique que o IVE supón un gasto real e os artigos da lexislación aplicable que dan soporte a esa xustificación, de acordo co indicado no artigo 11.1.e) destas bases. No caso de que o réxime do IVE sexa a pro rata, o gasto subvencionable calcularase en base a pro rata definitiva do último exercicio pechado antes da concesión da axuda, sendo responsabilidade do beneficiario realizar os axustes correspondentes na liquidación das obrigas fiscais.

c) Gastos de persoal do organismo intermedio:

1º Ata un 10% do orzamento total do proxecto en concepto de gastos de coordinación e selección de participantes se a dirección e dinamización do obradoiro se contrata a un colaborador externo.

2º Ata o 100% do orzamento total do proxecto se a dirección e dinamización dos grupos de empresas a realiza o organismo intermedio con persoal propio. Neste caso, terá que dispor dunha experiencia mínima de 3 proxectos de dirección e dinamización de grupos desenvolvidos con persoal propio nos 3 anos inmediatamente anteriores á solicitude de axuda. Esta experiencia deberá declararse no formulario electrónico de solicitude de axuda e describirse en detalle na memoria requirida no artigo 11.1.a), indicando, cando menos, temática dos proxectos, número de integrantes dos grupos, metodoloxía de dinamización utilizada, obxectivos e resultados acadados. Na memoria deberá detallarse tamén o método de determinación da imputación dos gastos de persoal ao proxecto.

2. O período de execución dos gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

3. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden á definición de “empresas asociadas” ou de “empresas vinculadas” establecida nos apartados 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do Anexo I do Regulamento (UE) Nº 651/2014.

4. Cando o importe do concepto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases) a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos conceptos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 100% dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 € por proxecto e concédese ao abeiro do réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

Ademais do anterior, co obxectivo de fomentar a diversidade de obradoiros, establécese un límite máximo de subvención por entidade beneficiaria de 60.000 €. No caso de que se supere dito importe, axustarase o importe de subvención no proxecto con menor precedencia.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022 (ata as 14 horas).

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado.

Referencia legislativa

Resolución do 18 de xullo de 2022 (DOG Nº144 do 29/07/2022) - Bases reguladoras e convocatoria
Guión memoria do proxecto

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es
- ou en informa@igape.es

* Tramitación:

1. Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I)

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

1 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios de selección aplicables.
b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido nos artigos 3.3 e 7.6 destas bases reguladoras.
c) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
d) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación segundo o establecido no artigo 6.
e) No caso das solicitudes do Título I, no suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado polo beneficiario, deberase presentar un certificado relativo á situación do beneficiario con respecto ao IVE ou, de ser o caso, unha declaración responsable da entidade na que xustifique que o IVE supón un gasto real e os artigos da lexislación aplicable que dan soporte a esa xustificación. No caso de que o réxime do IVE sexa a pro rata, a declaración deberá indicar a pro rata definitiva do último exercicio pechado, sendo responsabilidade do beneficiario realizar os axustes correspondentes na liquidación das obrigas fiscais.

Observaciones

O prazo de execución dos obradoiros (IG239) non poderá superar o 30 de maio de 2023.

Os beneficiarios das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 30 de outubro de 2022 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de outubro de 2022 ou anterior, e como máis tarde o 30 de maio de 2023 no resto dos proxectos. Os gastos realizados entre o 31 de outubro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 poderán ser imputados ao 2023.

Os beneficiarios da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50% da subvención, sen que supere o importe da anualidade, no prazo de 3 meses a contar dende a concesión da axuda. Os importes anticipados na anualidade 2022 deben xustificarse con gastos realizados e pagados na mesma anualidade.