El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

IG278 - PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN PARA FACER FRONTE Á SITUACIÓN PROVOCADA POLO COVID-19 (CHEQUES DIXITALIZACIÓN 2021)

Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
- Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
- Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
- Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalería (menús, cartas, …).
- Sistemas de balizas.
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
- Adaptación da presenza na internet para o efecto do COVID-19, mediante elementos como “bots” de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- Solucións de mellora da ciberseguridade.
- De maneira excepcional, outros que poidan axudar á devandita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Esta convocatoria é susceptible de ser financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:
Indicador de produtividade CO01-Número de empresas que reciben axudas.
Indicador de produtividade CO02-Número de empresas que reciben subvencións.
Indicador de produtividade CO05-Número de novas empresas beneficiarias da axuda.
Indicadores de resultado:
Empresas (de 10 ou máis empregados) que venderon a través da internet no último ano.
Empresas (de menos de 10 empregados) que venderon a través da internet no último ano.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigacións do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

Sectores incentivables

Calquera sector de servizos.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 euros e os 12.000 euros de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o día seguinte ao peche da convocatoria anterior (16 de decembro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

Os proxectos deberán estar implementados e en uso na entidade beneficiaria ao final do prazo de execución do proxecto.

En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cada entidade poderá solicitar o programa “Cheques de dixitalización COVID-19_2021” unha única vez.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.

a) Activos dos seguintes tipos:
- Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
- Licenzas de Software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto, verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible na internet onde, como mínimo, explíquense as características do software e as condicións nas que se comercializa.
- Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.

b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado como no punto anterior) durante un ano, o custo subvencionable será en todo caso, o abonado por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable, co límite de cobertura dun ano.

c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.

A suma do gasto subvencionable nos apartados “a” e “b” non superará os 10.000 euros. O máximo de gasto subvencionable no apartado “c” será de 4.000 euros.

2. Os activos (apartado 1.a) poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Neste caso, o custo subvencionable será o importe das cotas satisfeitas, sen recargas, intereses ou outros custos adicionais.

3. Os custos de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
b) O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o que deberá achegarse certificado de taxador independente.

4. Os bens, materiais e servizos obxecto do proxecto deberán ser contratados a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

5. Quedan excluídas os investimentos e gastos non directamente relacionados e vinculados coa finalidade do proxecto para executar segundo defínese no artigo 1 destas bases.

6. Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será do 80% dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% dos custos subvencionables aprobados. Con todo, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE EURATOM) nº 218/1046, de maneira que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a prorrata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 29 de xuño de 2021 (DOG Nº130 do 09/07/2021) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 29 de xuño de 2021 (DOG Nº141 do 26/07/2021) - Corrección de erros
Resolución do 20 de outubro de 2021 (DOG Nº207 do 27/10/2021) - Ampliación do prazo de execución

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicitan a subvención, a través da aplicación establecida na dirección da internet http://www.tramita.igape.es.

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @asina da Administración Xeral do Estado.

As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil.
b) Memoria descritiva do proxecto, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude, e deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:
- Descrición da situación actual e o problema de adaptación para o cal se require o proxecto.
- Especificación da solución que se adoptará e previsión de resultados.
- Plan de traballo.

Observaciones

O abono do 50% do importe da axuda realizarase anticipadamente unha vez concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario. O abono da cantidade restante de axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pago do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

O prazo de execución dos proxectos e o de xustificación da execución rematarán o 30 de decembro de 2021