El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

IG257 - REAVAL COVID-19 - PRÉSTAMOS A LONGO PRAZO PARA O FINANCIAMENTO DE NECESIDADES DE LIQUIDEZ NO CONTEXTO ACTUAL DE CRISE SANITARIA

Finalidad / Objetivo

Financiar necesidades de liquidez das pemes, co obxecto de paliar as dificultades financeiras derivadas da crise sanitaria, nun contexto de lenta recuperación da normalidade nas actividades económicas, que afecta de forma máis significativa a determinados sectores.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

3. Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que aparecen expresamente excluídas.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

Sectores incentivables

Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as seguintes expresamente excluídas:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Requisitos principales del proyecto

Condicións das operacións financeiras.

1) Importe.

O préstamo que se avale deberá ser igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 300.000 €.

2) Prazo.

O prazo mínimo será de 3 anos e máximo de 7, incluíndo unha carencia que poderá ser de ata 2 anos.

Excepcionalmente, e cando así o determine motivada e razoadamente a SGR, a carencia poderá alcanzar os 3 anos.

3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 3 % ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: Será o Euríbor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: Será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder de 2,5 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Se o Euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

4) Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade, suxeito aos límites establecidos no apartado B) anterior e sen que poida exceder do montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento conforme o artigo 11 das bases reguladoras. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

5) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en concepto de apertura e estudo serán do 0,60 %. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente en concepto de comisión anual de aval:

– En operacións cunha duración de ata 5 anos, ata o 0,50 %.

– En operacións cunha duración superior aos 5 anos, ata o 0,50 % para os primeiros 5 anos, e ata o 0,75 % na duración restante.

En ambos os casos, calcularase para toda a vida da operación sobre o saldo vivo anual previsto do importe avalado e será cobrada por anticipado.

A SGR tamén poderá cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado en concepto de achega ao capital social da SGR, que se aboará igualmente ao inicio da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez que remate a súa relación coa SGR.

Todos os importes anteriores poderán ser financiados co préstamo avalado.

6) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. No caso de operacións por importe superior a 200.000 €, as SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais.

Disposición e utilización.

O período de disposición e utilización dos fondos do préstamo iniciarase na data de formalización da operación e finalizará na primeira das dúas seguintes datas:

Un ano desde a data de formalización.

A primeira amortización.

Inversiones o gastos computables

A titular deberá formalizar o préstamo que se avalará, que será aplicado do seguinte xeito:

C.1) Un mínimo do 30 % do seu principal será aplicado ao pagamento dos seguintes conceptos de gasto: pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; pagamento de nóminas e seguros sociais; gastos financeiros operativos; pagamento de impostos e primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

C.2) Un máximo do 70 % poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades:

- Pagamento de cotas de préstamos e leasing equivalentes a un máximo de 12 mensualidades por operación. Non poderá aplicarse ás operacións concedidas por administracións ou entidades públicas, ou operacións con calquera tipo de aval público. A estes efectos, non se considerará aval público os avais prestados polas SGR aínda que estes conten con reavais de organismos públicos e outros dependentes da Administración distintos do Igape.

- Pagamento de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.

- As comisións devindicadas polas operacións financiadas, así como a comisión anual do aval e as achegas ao capital das SGR.

Cuantía de las ayudas

O Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, dos préstamos concedidos polas entidades de crédito adheridas ao abeiro destas bases.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido, mentres non se esgote a dispoñibilidade orzamentaria e mentres a beneficiaria non supere o seu límite de axudas de minimis, un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade de financiamento.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis. De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas cuxa actividade estea encadrada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España no anexo I do Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

Referencia legislativa

Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG Nº122 do 29/06/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021
Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG Nº139 do 22/07/2021) - Adhesión entidade financeira

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB).
O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

Observaciones

Relación de entidades financeiras adheridas:

– Caixa Rural Galega
– Cajamar Caja Rural
– Abanca Corporación Bancaria, S.A.
– Banco de Sabadell, S.A.
– Bankinter, S.A.
– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
– Caixabank, S.A.
Banco Santander, S.A.