El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

IG257- REAVAL FUNCIONAMENTO - OPERACIÓNS AVALADAS PARA O FINANCIAMENTO DE TRÁFICO COMERCIAL (2021)

Finalidad / Objetivo

Favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.

As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

3. Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que aparecen expresamente excluídas.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

Sectores incentivables

Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as seguintes expresamente excluídas:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Requisitos principales del proyecto

*Condicións das operacións financeiras:

1) Importe.

O importe da liña de financiamento a avalar será igual ou superior a 3.000 euros e igual ou inferior a 600.000 euros.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste anexo I.2, en distintas modalidades e/ou en distintas entidades de crédito. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 600.000 euros por convocatoria.

O límite superior indicado nos dous parágrafos anteriores será de 1.000.000 euros nas operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados no apartado B) anterior.

2) Prazo.

O prazo mínimo do aval da SGR contragarantido polo Igape será de 3 anos e non superior a 5 anos, sen contemplarse a posibilidade de prórroga na vixencia. As liñas de financiamento garantidas pola SGR poderán ser a prazos inferiores renovables.

Nas operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados no apartado B) anterior, poderán ter un prazo de entre 1 e 5 anos.

3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 4 %, ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: Será o euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: Será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder de 3,5 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Se o euribor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

4) Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 2,0 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade, suxeito aos límites e requisitos establecidos no apartado B) anterior e sen que poida exceder do montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento conforme o artigo 11 das bases reguladoras. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

5) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60 %. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 euros. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobro da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % en concepto de comisión de estudo, ata o 1,00 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado en concepto de aportación ao capital social da SGR, que se aboará ao inicio da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

As restantes comisións vinculadas ás operacións serán as pactadas polas partes.

6) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 70 % do risco, agás nas operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados no apartado B) anterior, na que o aval acadará o 100%. No caso de operacións de importe superior a 150.000 euros, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. A estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.
As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. Tamén poderán garantirse co peñoramento ou endoso dos dereitos de cobro que coa operación sexan anticipados.

Disposición e utilización

O período de disposición e utilización dos fondos do contrato de financiamento iniciarase na data de formalización da operación e finalizará coa primeira amortización ou cancelación da operación, co límite máximo do 15/09/2022 para as operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados no Anexo II, apartado b.

Inversiones o gastos computables

A titular deberá formalizar un novo contrato de financiamento, que non implique a substitución doutro preexistente, nalgunha das seguintes modalidades:

1) Liñas de crédito para o adianto de efectos comerciais e facturas, garantindo o bo fin de letras de cambio, cheques, pagarés, recibos, facturas, certificacións de obra, e demais documentos civís, mercantís e administrativos, que a entidade financeira desconte, negocie ou anticipe e nos que a titular figure como librador ou beneficiario.

2) Liñas de crédito comercio exterior, garantindo o completo pago das obrigas procedentes de operacións de comercio exterior que os titulares contraian coa entidade financeira, tales como créditos documentarios, cartas de crédito, prefinanciamento e financiamento de exportacións, financiamento de importacións, etc.

3) Liñas de xestión do pago das compras ou confirming, anticipando as entidades de crédito os pagos aos provedores.

As liñas de crédito avaladas deberán ser especificas para algunha das modalidades sinaladas, de xeito que a entidade financeira dispoña dunha conta específica ou rexistro separado no que se recollan exclusivamente as operacións amparadas no contrato de financiamento.

Cuantía de las ayudas

O Igape reavalará ata o 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, as liñas específicas de financiamento concedidas polas entidades de crédito adheridas.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido, mentres non se esgote a dispoñibilidade orzamentaria e mentres a beneficiaria non supere o seu límite de axudas de mínimis, un importe equivalente a 2,0 puntos porcentuais dos xuros das operacións concedidas ao abeiro desta modalidade de financiamento daquelas pemes cunha actividade vinculada ao sector audiovisual, cuxos CNAE se relacionan no Anexo II, apartado b):

5912. Actividades de posprodución cinematográfica, de vídeo e de programas de televisión.
5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
5915. Actividades de produción cinematográfica e de vídeo.
5916. Actividades de producións de programas de televisión.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis. De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas cuxa actividade estea encadrada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España no anexo I do Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

Referencia legislativa

Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG Nº122 do 29/06/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021
Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG Nº139 do 22/07/2021) - Adhesión entidade financeira

Observaciones

Relación de entidades financeiras adheridas:
Relación de entidades financeiras adheridas:

– Caixa Rural Galega
– Cajamar Caja Rural
– Abanca Corporación Bancaria, S.A.
– Banco de Sabadell, S.A.
– Bankinter, S.A.
– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
– Caixabank, S.A.
Banco Santander, S.A.