El plazo de presentación finalizó el 30/12/2021

IG269 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR A OPERATIVA DA INDUSTRIA AUXILIAR NAVAL (2021)

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente a empresas que desenvolven actividades no sector da industria auxiliar da construción naval, para permitirlles financiar a longo prazo pagos operativos, e así dispoñer dun fondo de manobra suficiente para afrontar posibles retrasos nos cobros dos seus clientes.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.
c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Poden ser beneficiarios as persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e que subministren bens ou servizos a empresas do sector da construción naval (CNAE 301).

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007

Sectores incentivables

Auxiliar do naval.

Requisitos principales del proyecto

Condicións do produto financeiro:

1) Importes mínimo e máximo.
O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos subvencionables.
O importe do préstamo non poderá superar, no momento da solicitude, un importe equivalente á suma dos saldos facturados pendentes de cobro de clientes do sector de construción naval (CNAE 301), mailos traballos realizados ou en curso pendentes de facturar a empresas do dito sector. O Igape poderá contrastar a realidade destes dereitos de cobro declarados pola solicitante, mediante circularización aos clientes, e reducir o importe financiable no caso de non obter conformidade expresa dos terceiros.
Os clientes do sector naval computados a estes efectos, non poderán ser empresas vinculadas á sociedade solicitante nin aos seus socios e administradores.

2) Prazos de amortización e de carencia.
O prazo de devolución dos préstamos será de 5 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.

3) Tipo de xuro e axuda implícita.

a) Tipo de xuro ordinario.
O capital disposto e non amortizado do préstamo, devindicará diariamente, a contar desde a disposición dos fondos e ata que transcorra o prazo de vixencia do préstamo, un xuro nominal fixo que liquidarase e pagarase con periodicidade trimestral e con carácter vencido, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada a amortización de principal salvo no período de carencia.
O tipo de xuro nominal anual, determinarase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultado de sumar:
– Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior á data da Proposta de Resolución da concesión do préstamo.
– Marxe adicional: Será de 2 puntos porcentuais. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando os criterios recollido no Anexo III, superase o límite de axuda de minimis, incrementarase a marxe adicional para diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite.
O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

b) Tipo de xuro de mora.
Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

c) Axuda implícita.
Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme ao anexo III das bases.

4) Plan de amortización.
Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase á Resolución de Concesión. Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga para afrontar polo beneficiario, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre polo beneficiario mantéñase constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.

5) Garantías.
Con carácter xeral, para esta modalidade de préstamos non se esixirán garantías adicionais á responsabilidade universal da prestameira.

Inversiones o gastos computables

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán o pago de gastos correntes, pagos a provedores, acredores por subministracións e prestación de servizos, gastos de persoal e seguridade social, reparacións e conservación, e pago de impostos, aínda cando este pago non teñan a consideración de gasto do exercicio (tales como liquidacións de IVA e retencións). Admitirase o pago de débedas bancarias vencidas sempre e cando estas proveñan do desconto comercial ou anticipo de facturas, efectos e/ou contratos de clientes do sector da construción naval.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude, en base ás necesidades financeiras estimadas para a operativa empresarial. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

Cuantía de las ayudas

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.
Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme ao Anexo II, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 23 de abril de 2021 (DOG Nº85 do 06/05/2021) - Bases reguladoras dos préstamos directos

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de http://www.tramita.igape.es. Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude:
- Declaración responsable con relación nominal de clientes empresas do sector da construción naval non vinculadas, nas que se indique, para cada cliente e referido á data de solicitude do préstamo:
Cadro resumen das facturas emitidas pendentes de cobro, xunto coa copia das mesmas.
Cadro resumen de facturas pendentes de emitir, por traballos realizados ou en curso, xunto coa copia de contratos no seu caso.

- Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: Historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).
b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto. Describir expresamente os bens e servicios subministrados a empresas do sector da construción naval, traxectoria neste sector, historial de quebrantos causados procesos concursais de clientes deste sector.
c) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa.
d) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, describindo o contido dos mesmos e o número de traballadores afectados.

Ademais:

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible (https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

j) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.