El plazo de presentación finalizó el 01/03/2021

IG283 - AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO NO DOMICILIO

Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar as seguintes actividades:

1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %; computa como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluír os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como as peme (...).
Actuación: 3.4.1.6 - Axudas a pemes afectadas por crises sanitarias.
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

4. Ademais deberán cumprir as seguintes condicións:

- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia, a lo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalería e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, cumprindo os requisitos establecidos legalmente para exercer dita actividade.

- Que empreguen menos de cincuenta (50) traballadores.

- Que estean dados de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I.

Sectores incentivables

Epígrafes do IAE subvencionables:

Agrupación 67. Servicio de alimentación.

Grupo 671. Servizos en restaurantes.
Epígrafe 671.1.- De cinco tenedores.
Epígrafe 671.2.- De catro tenedores.
Epígrafe 671.3.- De tres tenedores.
Epígrafe 671.4.- De dous tenedores.
Epígrafe 671.5.- De un tenedor.

Grupo 672. En cafeterías
Epígrafe 672.1.- De tres tazas.
Epígrafe 672.2.- De dúas tazas.
Epígrafe 672.3.- Dunha taza.

Grupo 673. De cafes e bares, con e sen comida.
Epígrafe 673.1.- De categoría especial.
Epígrafe 673.2.- Outros cafés e bares.

Grupo 675. Servizos en quioscos, caixóns, barracas ou ootros locais análogos, situados en mercados ou prazas de abastos, ao aire libre na vía pública ou xardíns.

Grupo 676. Servizos en chocolaterías, heladerías e horchaterías.
Epígrafe 677.9.- Outros servizos de alimentación propios da restauración.

Requisitos principales del proyecto

Investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 euros

Inversiones o gastos computables

1. Terán a consideración de terraza, a instalación ao aire libre formada por mesas, cadeiras e outros elementos, sitas nos espazos colindantes, ou non, a un establecemento de hostalería e restauración, en solo público ou privado, no que se desenvolve de forma complementaria a actividade propia do establecemento. En todo caso, deberá ser un espazo non cuberto ou no caso de estar cuberto estar rodeado por un máximo de dous laterais.

2. En concreto considéranse actuacións subvencionables:

a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como: toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparatos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.

En todo caso, as actuacións previstas nas letras a) e b) deberán respectar as particularidades e/ou limitacións que se determinen na correspondente ordenanza municipal que lle se sexa de aplicación e comprenderán tanto a realización das obras como a adquisición dos equipamentos subvencionables.
Recoméndase que os materiais e os acabados de remate dos elementos utilizados respondan a un criterio de armonización coa edificación e co espazo público no que se sitúen. Como referencia desta recomendación empregaranse as pautas e criterios xerais e as específicas para cada grande área paisaxística que recolle a Guía de Cor e Materiais de Galicia.

c) A adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento.
Todos os elementos do “packaging” deberán ser 100% biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostable, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 «Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou embalaxe» e nas súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstico.
Na documentación desta actuación deberá figurar a composición da solución para a que se solicita a axuda, onde quede debidamente acreditado o seu carácter biodegradable.

3. Non se consideran subvencionables:
- As actuacións en terrazas situadas no interior de centros comerciais e nos interiores dos establecementos, así como outras actuacións levadas a cabo no interior do establecemento.
- A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e tpv.
- Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
- A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
- Os elementos téxtiles, tales como, mantas, coxíns, manteis etc...
- A publicidade, agás a rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos o móbiles da terraza.

Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1.

Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Cando o importe do gasto subvencionable supere 15.000 euros no caso de prestacións de servizos ou adquisicións de bens e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 euros.

Para as actuacións previstas no artigo 6.2.a o investimento máximo subvencionable será de 14.000 euros. Para as actuacións previstas no artigo 6.2.b o investimento máximo subvencionable será de 7.000 euros. Para as actuacións previstas no artigo 6.2.c o investimento máximo subvencionable será de 4.000 euros.

A natureza desta subvención xustifica realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á mesma de ata un 50% da subvención concedida.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.

Referencia legislativa

Resolución do 26 de novembro de 2020 (DOG Nº244 do 03/12/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Resolución do 18 de febreiro de 2021 (DOG Nº35 do 22/02/2021) - Modificación (ampliación do orzamento)
Resolución do 4 de maio de 2021 (DOG Nº88 do 11/05/2021) - Ampliación orzamento

Información y tramitación en

* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:

Para presentar a solicitude deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través de http://www.tramita.igape.es

O formulario de solicitude incluirá unha opción para que os solicitantes poidan pedir un anticipo do 50% da subvención concedida
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Entidades non inscritas no rexistro mercantil: escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa.

b) Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: documento onde conste expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

c) Memoria detallada das actuacións para as que se solicita subvención, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude. Para as actuacións previstas no artigo 6.2 nas letras a) e b), a memoria incluirá unha descrición pormenorizada de cada un dos elementos que se pretenden instalar, a superficie de metros cadrados a ocupar e a súa distribución no correspondente plano.

d) Solicitude de licenza ou autorización municipal para a instalación, renovación ou acondicionamento da terraza, no caso, de solicitar as actuacións previstas no artigo 6.2 nas letras a) e b).

e) De estar obrigado a elo, as tres ofertas ás que se refire o artigo 5.3.

Observaciones

Tanto o prazo para executar o proxecto coma o prazo para presentar a solicitude de cobramento e a xustificación de execución rematarán na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poidan exceder do 30 de outubro de 2021