El plazo de presentación finalizó el 30/09/2020

IG278 - PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN PARA FACER FRONTE Á SITUACIÓN PROVOCADA POLO COVID-19 (CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19)

Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calesqueira das seguintes categorías:

- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de “check-in” / “check-out”.
- Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas online sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras
- Sistemas de control de normas de calidade Covid-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en “Low code automation”
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas
- Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para Hostalería (menús, cartas, …)
- Sistemas de balizas
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por Covid-19.
- Adaptación da presencia en internet ao efecto do Covid19, mediante elementos como “bots” de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- Solucións de mellora da ciberseguridade.
- De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Esta convocatoria é susceptible de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como ás pemes (...).
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:

a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade en algún dos seguintes sectores:

i. Hostalería e turismo – CNAES 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros), 7721 (aluguer de artigos de ocio e deportes), 79 (Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (Actividades deportivas, recreativas e de entretemento).

ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).

iii. Transporte – Rama “H” da CNAE (transporte e almacenamento).

iv. Perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel), 9602 (perruquería e outros tratamentos de beleza), 9603 (Pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.o.p.).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (Educación secundaria técnica y profesional) e 855 (Outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Deben cumprir a definición de Peme . Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clusters, colexios profesionais ou cámaras.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 euros e os 12.000 euros de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a entrada en vigor do Real Decreto polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable. O prazo de execución dos proxectos e o de xustificación da execución rematarán o 15 de decembro de 2020.

Os proxectos deberán estar implementados e en uso na entidade beneficiaria ao remate do prazo de execución do proxecto.

En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cada entidade poderá solicitar o programa “Cheques de dixitalización Covid19” unha única vez.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.

a) Activos dos seguintes tipos:
- Equipos informáticos, sensórica, “wearables” e outro equipamento electrónico.
- Licencias de Software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto, verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible en internet onde, como mínimo, se expliquen as características do software e as condicións nas que se comercializa.
- Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.

b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado como no punto anterior) aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable. No caso de que o sistema de adquisición supere en un ano o fin do prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.

c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
A suma do gasto subvencionable nos apartados “a” e “b” non superará os 10.000 euros. O máximo de gasto subvencionable no apartado “c” será de 4.000 euros.

2. Os activos (apartado 1.a) poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Neste caso, o custo subvencionable será o importe das cotas satisfeitas, sen recargos, xuros ou outros custos adicionais.

3. Os custos de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
b) O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o cal deberá achegarse certificado de taxador independente.

4. Os bens, materiais e servizos obxecto do proxecto deberán ser contratados a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

5. Quedan excluídos os investimentos e gastos non directamente relacionados e vinculados coa finalidade do proxecto a executar segundo se define no artigo 1 destas bases.

6. Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será do 80% dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% dos custos subvencionables aprobados.
Non obstante, unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 15 de xuño de 2020 (DOG Nº119 do 18/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Resolución do 16 de outubro de 2020 (DOG Nº216 do 27/10/2020) - Ampliación orzamento e prazo máximo execución

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.
A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Memoria descritiva do proxecto, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude, e deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:
- Descrición da situación actual e o problema de adaptación para o que se require o proxecto.
- Especificación da solución que se adoptará e previsión de resultados.
- Plan de traballo.

Observaciones

O aboamento do 50% do importe da axuda realizarase anticipadamente unha vez concedida. O aboamento da cantidade restante de axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

O prazo de execución dos proxectos e de xustificación da execución será como máximo o 15 de decembro de 2020.