El plazo de presentación finalizó el 02/07/2020

IG231 - CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2020

Finalidad / Objetivo

Convocar o concurso Eduemprende Idea, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Tipos de apoyo

Premios en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2019-2020 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

c) As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009.

Requisitos principales del proyecto

Os materiais e recursos dixitais que acompañen a solicitude deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Requisitos de forma.

1º Os traballos serán orixinais e inéditos.

2º Os materiais non incluirán publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.

b) Requisitos técnicos.

1º Os materiais e recursos dixitais terán que visualizarse correctamente nas últimas versións dos navegadores máis comúns. Deben funcionar sen necesidade de instalar ningún plugin específico nun navegador, salvo os de Flash, Java, Descartes e Malted.

2º Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e poderán ser executados en local.

Cualificación requerida del proyecto

Teranse en conta os seguintes criterios á hora de determinar os premios en cada unha das dúas modalidades do proxectos presentados:

a) A súa viabilidade técnica e legal. (máximo 10 puntos)
Avaliarase respecto da actividade proposta o acceso aos recursos (materiais, humanos e tecnolóxicos), o coñecemento e dominio do proceso produtivo e o coñecemento e acreditación do cumprimento da normativa.

b) A súa viabilidade comercial. (máximo 15 puntos)
Avaliarase respecto da actividade proposta o coñecemento e posibilidade de acceso ao mercado obxectivo.

c) A súa viabilidade financeira. (máximo 15 puntos)
Avaliarase respecto da actividade proposta a capacidade para acadar e xerar os recursos financeiros precisos para a súa posta en marcha e funcionamento sustentable posterior.

d) A coherencia e carácter innovador do plan de negocio. (máximo 15 puntos)
Avaliarase o grao de innovación da iniciativa, o equilibrio no desenvolvemento dos contidos e a congruencia entre os diferentes puntos do plan de negocio.

e) Creación de emprego. (máximo 15 puntos)
Avaliarase en función do volume de emprego a crear, incluídos os promotores do proxecto, a razón de 3 puntos por cada emprego a crear.

f) A capacidade do equipo promotor para levalo adiante. (máximo 15 puntos)
Avaliarase en función dos perfís do equipo promotor (formación, experiencia profesional e empresarial grao de implicación no proxecto) e a súa complementariedade.

g) A eficiencia na presentación dos contidos e a súa exposición oral sintética presentada (“elevator pitch”). (máximo 15 puntos)
Avaliarase a capacidade para comunicar a idea de negocio, a claridade expositiva, o atractivo do soporte e a capacidade de xerar interese.

No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios «a», «b», «c», «d» «e» «f» e «g», por esa orde. No caso de persistir o empate, terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

Declararase deserto o premio naquelas categorías en que ningún dos proxectos presentados acade unha puntuación mínima de 40 puntos.

Cuantía de las ayudas

Premiarase os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior

- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
1º premio: 3.000 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.000 €

2. Modalidade B: ciclos de grao medio

- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
1º premio: 3.000 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.000 €

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estes premios serán compatibles con outras axudas, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, galegos, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo da obriga de comunicar a súa obtención ao órgano que concede estes premios.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de maio de 2020 (DOG Nº106 do 02/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Ficha de persoas participantes segundo o anexo II.
b) Proxecto de empresa.
c) Resumo executivo do proxecto.
d) Vídeo de presentación do proxecto.