El plazo de presentación finalizó el 29/05/2020

IG223 - PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS AGRUPADOS INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA (2020)

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes non inferior a 5, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías relacionadas cos conceptos de Industria 4.0, segundo os termos recollidos na Axenda de competitividade industrial, Galicia: Industria 4.0, que inclúe as seguintes:

1º. Robotización e robotización colaborativa.
2º. Fabricación aditiva.
3º. Sensórica e actuadores mecatrónicos.
4º. Sistemas ciber-físicos.
5º. Automatización total ou estendida.
6º. Intercomunicación máquina-máquina.
7º. Conectividade total ou estendida.
8º. Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).
9º. Personalización de produtos.
10º. Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.
11º. Big Data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria.
12º. Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.
13º. Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

As axudas ás pemes desta convocatoria fináncianse no marco do PO Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados; incluíndo os sectores agrícola pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural, comercial (….).
Actuación 3.4.1.3: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e a consolidación das peme.
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial

Tipos de apoyo

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os premios incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

Aos efectos destas bases, entenderase por:

a) Peme galega:
As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto e que desenvolvan a súa actividade empresarial nalgún dos ámbitos de actividade subvencionables.

b) Ámbito da “nova industria”:
As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de ‘nova industria’ definido na Axenda de Competitividade Industrial de Galicia: “ampliando o tradicional concepto de industria para abarcar os servizos á produción, complementarios e interdependentes desta”.
As empresas do sector transporte só poderán obter axudas para as colaboracións externas.

3. Para poder optar aos premios e subvencións os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída por un organismo intermedio e polo menos cinco pemes galegas. Deberase facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

4. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Un organismo intermedio poderá liderar unha ou máis agrupacións sempre que os proxectos se presenten a categorías sectoriais diferentes. As pemes poderán participar en máis dunha agrupación, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As empresas que desenvolvan a súa actividade nos sectores seguintes:
i) Pesca e acuicultura.
ii) Produción agrícola primaria.
iii) Sector do aceiro, sector do carbón, sector da construción naval, sector das fibras sintéticas, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas..
c) As empresas en crise.
d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Sectores incentivables

As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de ‘nova industria’ definido na Axenda de Competitividade Industrial de Galicia.

Non poderán ser beneficiarias as empresas que desenvolvan a súa actividade nos sectores seguintes:

i) Pesca e acuicultura.
ii) Produción agrícola primaria.
iii) Sector do aceiro, sector do carbón, sector da construción naval, sector das fibras sintéticas, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

Requisitos principales del proyecto

1. Os apoios aos proxectos agrupados Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das pemes integrantes do mesmo:

a) Premios aos seis proxectos sectoriais máis representativos do concepto “Industria 4.0”:

1º Cualificaranse o proxecto máis representativo dentro dunha determinada categoría sectorial segundo a súa definición, desenvolvemento, características e condicións de execución, e que integrará a implementación de diversas solucións en todas e cada unha das pemes individuais participantes.

2º Poderanse premiar un máximo de 6 categorías sectoriais (determinadas polos sectores de actividade ou ámbitos de negocio que presenten proxectos ao concurso). O premio outorgaráselle ao organismo intermedio líder da agrupación. En caso de non poder conformar as 6 categorías sectoriais, ou que o premio dalgunha categoría quede deserto, poderá asignarse máis dun premio nunha categoría.

b) Subvencións aos investimentos e gastos en que consista a execución dos proxectos premiados:

1º As subvencións serán individualizadas para cada peme participante integrante dos proxectos premiados.

2º No caso de que as subvencións concedidas ás pemes participantes nos proxectos premiados non esgoten o orzamento publicado, o Igape poderá seleccionar o proxecto colectivo con maior puntuación entre os non premiados e subvencionar os proxectos das pemes participantes, e así sucesivamente ata o esgotamento do crédito restante.

Inversiones o gastos computables

Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

- Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, relacionados coa Industria 4.0 segundo se define no artigo 1 destas bases. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina agás elementos informáticos. A adquisición e adaptación de software considerarase investimento subvencionable.

- Colaboracións externas: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

Os investimentos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables. Os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

Se a exclusión dunha ou mais pemes reducira o número de participantes a menos de 3, denegaríase a solicitude no seu conxunto.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

O beneficiario deberá adquirir os bens obxecto de investimento en propiedade. No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Cando o importe subvencionable dos elementos que se van adquirir a un mesmo provedor supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Os investimentos e gastos previstos por cada peme participante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente a cada peme os investimentos e gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.

O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

Cuantía de las ayudas

1. Concederase un premio por categoría de contía máxima de 30.000 euros cada un e placa conmemorativa. O premio dividirase en dous tramos: un fixo de 10.000 euros e placa conmemorativa que se entregará en acto público convocado ao efecto unha vez fallados os premios. Despois de executados os proxectos, os organismos intermedios premiados percibirán unha cantidade variable de ata 20.000 euros que se modulará en función da porcentaxe de execución dos proxectos de pemes subvencionados, unha vez xustificadas e aboadas as correspondentes axudas. Os premios son acumulativos entre categorías, de xeito que un mesmo organismo poderá resultar premiado por unha o máis categorías.

2. A subvención ás pemes participantes será do 30% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas e do 20% para as medianas. Excepto a subvención sobre os gastos de colaboracións externas que será do 50%. A subvención total concedida ao conxunto de pemes que participen ao abeiro de cada proxecto premiado (ou subvencionado sen premio, segundo o artigo anterior) non superará 1.500.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia - Suspendido o prazo de solicitudes por Covid-19
A Orde 6 de maio, publicada o 11 de maio, amplía en 18 días naturais o prazo de presentación.

Incompatibilidades

As axudas a pemes son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 6 destas bases. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do mencionado Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Debido a que os premios aos organismos intermedios están sometidos ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

Referencia legislativa

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 (DOG Nº21 do 31/01/2020) - Bases e convocatoria 2020
Resolución do 15 de marzo de 2020 (DOG Nº 51 do 15/03/2020) - Suspensión e a interrupción dos prazos para a tramitación.
Orde 6 de maio de 2020 (DOG Nº90 do 11/05/2020) - Continuación de determinados procedementos durante a vixencia do estado de alarma.

Información y tramitación en

INFORMACIÓN:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 541 147
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


TRAMITACIÓN:

Para presentar a solicitude, a agrupación solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I). Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante..
A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Documento contractual que regule o funcionamento interno da agrupación segundo o establecido no artigo 4.
b) Compromiso expreso do organismo intermedio líder da agrupación de realizar pola súa conta os seguintes soportes divulgativos segundo as instrucións ditadas polo Igape:

1º Un vídeo de 5 minutos de duración cando menos no que se visualice o resultado da execución do proxecto de cada empresa e se valoren cualitativamente os resultados do conxunto da agrupación.

2º Este vídeo complementarase cun informe de resultados de cada peme, cunha extensión orientativa de dúas páxinas por empresa, orientado á súa publicación web e no que se ofrecerá información gráfica e textual sobre cada proxecto.

c) Para cada partícipe da agrupación:

1º Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil ou as inscritas que se opoñan expresamente a que o Igape consulte estes datos.

2º As tres ofertas que deban ter solicitado as pemes participantes, de acordo co establecido no artigo 5 destas bases reguladoras.

3º Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios sinalados no artigo 6.3 destas bases, que se deberá xuntar como documento ao formulario electrónico de solicitude. Esta memoria tamén deberá incluír a correlación entre os ámbitos da Industria 4.0 que se implementan no proxecto de cada peme e os investimentos e gastos propostos.

4º Anexo IV de comprobación de datos.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos das pemes rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de outubro de 2021.

Os beneficiarios das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 31 de outubro de 2020 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de outubro de 2020 ou anterior, e como máis tarde o 31 de outubro de 2021 no resto dos proxectos.
Os organismos intermedios deberán presentar a solicitude de cobro da parte variable do premio como máximo o 31 de outubro de 2021.