El plazo de presentación finalizó el 30/12/2020

IG262 - PRÉSTAMOS PARA INVESTIMENTOS EN INFRAESTRUCTURAS DE USO COMPARTIDO E DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS EN GALICIA POR PARTE DE CENTROS TECNOLÓXICOS E ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS (2020)

Finalidad / Objetivo

Financiamento de proxectos a desenvolver por Centros Tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, vinculados a sectores produtivos de Galicia, con algunha das seguintes finalidades:

- Investimento na creación de infraestruturas técnicas e industriais de uso común ou compartido economicamente viables.
- Gastos operativos necesarios para o desenvolvemento de proxectos economicamente viables de xeración de coñecemento tecnolóxico, apoio á I+D+i e outros servizos tecnolóxicos.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE.

Beneficiarios potenciales

Deberán ser centros tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais vinculados a sectores produtivos de Galicia.

Poderán ser beneficiarias os que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise..

c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 euros máis impostos

* Condicións do produto financeiro

1. Importes mínimo e máximo

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 euros e o máximo de 1.500.000 euros. En ningún caso superará o 75% do custo do proxecto financiable.

2. Prazos de amortización e de carencia

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

3. Tipo de xuro e axuda implícita

O tipo de xuro aplicable será fixo, e inferior en 1,5 puntos porcentuais ao tipo determinado conforme ao Anexo II destas bases. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0%.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de mínimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

4. Plan de amortización

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos nos que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá contemplar unha cota de amortización final maior, coincidente co pago desta recompra.

5. Garantías

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

Cualificación requerida del proyecto

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos criterios do anexo I

Inversiones o gastos computables

1. Poderán ser financiados os seguintes elementos:
a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan Xeral de Contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir os requisitos indicados no artigo 3 das bases.

e) Salvo nos conceptos recollidos no punto f) seguinte, exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

f) Pagos operativos, entendendo como tales o pagamento de gastos correntes, pagos a provedores, acredores por subministros e prestación de servizos, gastos de persoal e seguridade social, reparacións e conservación, e pago de impostos, aínda cando este pago non teñan a consideración de gasto do exercicio (tales como os pagos de liquidacións de IVA e retencións). Admitirase tamén o pago ou refinanciamento de débedas bancarias vencidas, sempre e cando estas proveñan do desconto comercial ou anticipo de facturas, efectos e/ou contratos de clientes por vendas ou prestación de servizos.


2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, tamén poderán ser financiada a obra civil en inmobles sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou estean alugados por entidades non vinculadas ao beneficiario.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

Cuantía de las ayudas

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de mínimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de decembro de 2019 (DOG Nº16 do 24/01/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

- Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido indicado nas bases.

- Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible.

- En caso de persoas xurídicas:
1º Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º Contas anuais, auditadas no seu caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

- No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

- Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

- En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

- No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

- Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

- Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

- Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.03.2022.
O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2021.