El plazo de presentación finalizó el 30/12/2020

IG261 - PRÉSTAMOS PARA INVESTIMENTOS EN ELEMENTOS DE TRANSPORTE DE MERCANCIAS POR ESTRADA PROPULSADOS POR MOTORES DE COMBUSTIBLES ALTERNATIVOS (2020)

Finalidad / Objetivo

Financiar proxectos de ampliación ou de modernización de flotas de vehículos destinados a transporte de mercancías por estrada, propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles homologados alternativos ao gasóleo, como gas natural licuado (GNL), gas natural comprimido (GNC), gas licuado do petróleo GLP/autogas, ou biofuel/autogas, así como os investimentos para a creación de infraestruturas de repostaxe destes combustibles en Galicia.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise.

c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 euros máis impostos.

* Condicións do produto financeiro

1. Importes mínimo e máximo

O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros. En ningún caso superará o 50% do custo neto do proxecto financiable.

2. Prazos de amortización e de carencia

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

3. Tipo de xuro e axuda implícita

O tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme ao Anexo II destas bases, polo que o préstamo non contará con axuda de estado implícita.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

4. Plan de amortización

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos nos que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá contemplar unha cota de amortización final maior, coincidente co pago desta recompra.

O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

5. Garantías

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto. Con carácter xeral poderá consistir en hipoteca ou prenda sen desprazamento sobre os bens adquiridos.

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables a implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

Cualificación requerida del proyecto

Non se establecen criterios específicos de avaliación que poidan supoñer a denegación das solicitudes que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no Anexo IV.

Inversiones o gastos computables

1. Serán financiables os seguintes bens tanxibles:

- A adquisición dos elementos de transporte propulsados por motores de combustión interna que utilicen os combustibles homologados relacionados no apartado A) anterior, mais todos os elementos necesarios para a súa posta en servizo, sempre que se utilicen para o desenvolvemento da actividade empresarial da titular.

- Os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas e maquinaria necesarios para as infraestruturas de repostaxe dos combustibles relacionados no apartado A) anterior, xa sexa para uso da propia flota da empresa como para dar subministro a terceiros.

Exclúese a compra de activos por parte de concesionarios para a súa posterior venda, arrendamento financeiro ou cesión de uso.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, tamén poderán ser financiada a obra civil en inmobles sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou estean alugados por entidades non vinculadas ao beneficiario.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.


Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de decembro de 2019 (DOG Nº16 do 24/01/2020) - Bases reguladoras dos préstamos directos

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

- Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido indicado nas bases.

- Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible.

- En caso de persoas xurídicas:
1º Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º Contas anuais, auditadas no seu caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

- No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

- Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

- En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

- No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

- Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

- Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

- Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.03.2022.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2021.