El plazo de presentación finalizó el 15/03/2019

IG239 - OBRADOIROS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2019)

Finalidad / Objetivo

Os obradoiros concíbense como espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

O financiamento dos obradoiros farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma e están suxeitos ao réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal a efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa ou clústeres empresariais.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido ao efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

Estes espazos de encontro terán necesariamente carácter presencial, aínda que poderá continuarse o contacto entre os membros do grupo e organizarse outros eventos en entornos virtuais.

Deberá ter lugar, cando menos, unha reunión mensual presencial das empresas. Esta reunión terá que documentarse en vídeo ou por escrito acompañada de fotografías.

En cada espazo de encontro deberán participar persoas dun mínimo de 6 empresas distintas. Considerarase que cada reunión está validamente constituída para os efectos destas axudas se asisten persoas de 2/3 das empresas participantes en cada espazo de encontro. A cada reunión poderán asistir diferentes persoas por cada empresa.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos avaliaranse segundo os criterios establecidos a continuación:

1º Dimensión do proxecto. En función do número de empresas participantes: 2 puntos por empresa ata un máximo de 20 puntos.

2º Calidade técnica do proxecto: ata 25 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:
i. Madurez da proposta en canto á definición da temática e obxectivos do espazo de encontro. Ata 10 puntos.
ii. Intensidade da participación das empresas que se vai promover. Ata 5 puntos.
iii. Utilización de metodoloxías probadas de dinamización de grupos e xeración de ideas. Ata 5 puntos.
iv. Diversidade en canto á posición na cadea de valor sectorial das empresas participantes. Ata 3 puntos.
v. Propostas concretas de colaboración co Igape na difusión dos resultados dos proxectos. Ata 2 puntos.

3º Sector ou ámbito de actividade no que se desenvolva o proxecto: 15 puntos, que se outorgarán a proxectos onde a maioría das empresas que participen pertenzan a sectores prioritarios definidos na Axenda de Competitividade:
i. Estratéxicos: Agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Naval/Industria marítima, Pedra Natural, Textil-moda.
ii. Emerxentes e de alto potencial: Aeronáutico/aeroespacial, Industria da saúde e do benestar, Industrias creativas, Biotecnoloxía, Novos materiais, Ecoindustria, TIC.

4º Experiencia do organismo intermedio na xestión de proxectos colaborativos nos 3 anos inmediatamente anteriores á solicitude de axuda: 3 puntos por cada proxecto de dinamización de grupos finalizado con resultados cuantificables e 1 punto por cada proxecto finalizado noutra temática ata un máximo de 20 puntos.

5º Efecto tractor no sector. Interese e atractivo para a súa implementación por outras empresas: ata 20 puntos.

En caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio 2º dos descritos no apartado a) deste mesmo artigo. Se aínda así seguise existindo empate, decidirase pola maior puntuación no criterio 4º e 5º sucesivamente.

Inversiones o gastos computables

1. Poderanse subvencionar os seguintes gastos nos que incorran os organismos intermedios para a organización dos obradoiros:

a) Colaboracións externas directamente relacionadas coa execución do proxecto, para a dirección e dinamización dos grupos de empresas. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas do organismo nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

b) No suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado polo beneficiario poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación do beneficiario con respecto ao IVE. No caso de que o réxime do IVE sexa a prorrata, o gasto subvencionable calcularase en base a prorrata definitiva do último exercicio pechado antes da concesión da axuda, sendo responsabilidade do beneficiario realizar os axustes correspondentes na liquidación das obrigas fiscais.

c) Gastos de persoal do organismo intermedio:

1º Ata un 10% do orzamento total do proxecto en concepto de gastos de coordinación e selección de participantes se a dirección e dinamización do obradoiro se contrata a un colaborador externo.
2º Ata o 100% do orzamento total do proxecto se a dirección e dinamización dos grupos de empresas a realiza o organismo intermedio con persoal propio. Neste caso, terá que dispor dunha experiencia mínima de 3 proxectos de dirección e dinamización de grupos desenvolvidos con persoal propio nos 3 anos inmediatamente anteriores á solicitude de axuda. Esta experiencia deberá declararse no formulario electrónico de solicitude de axuda e describirse en detalle na memoria requirida no artigo 9.2.c.

2. O período de execución dos gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

3. Cando o importe das colaboracións externas subvencionadas supere as contías establecidas na Lei 9/2017 de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente núme¬ro de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal.

En ningún caso o custo das colaboracións externas subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

4. Os provedores non poderán estar vinculados cos órganos directivos ou xestores do organismo intermedio. En ningún caso poderá subcontratarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

Esta vinculación debe entenderse nos termos recollidos non artigo 3.3 do Anexo I ao Regulamento (UE) 651/2014.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 100% dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 euros por proxecto e concédese ao abeiro do réxime de axudas de minimis.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da primeira convocatoria comezará ao día seguinte da publicación no DOG e rematará o 15/03/2019

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas neste artigo.

Referencia legislativa

Resolución do 21 de decembro de 2018 (DOG Nº8 do 11/01/2019) - Bases reguladoras e convocatoria 2019

Información y tramitación en

INFORMACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

TRAMITACIÓN:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

As solicitudes presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática. Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 541 147

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
a) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado, de acordo co establecido nos artigos 3.3º e 7.5º destas bases reguladoras.
b) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios sinalados no artigo 12.4 destas bases.
c) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación.

Observaciones

O prazo de execución dos obradoiros (IG239) non poderá superar o 15 de xuño de 2020. Como consecuencia da suspensión de prazos polo Covid-19 o prazo de execución remata o 2 de setembro de 2020

Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude de cobramento da subvención. O prazo para presentala rematará o derradeiro día hábil do mes natural seguinte á data de finalización do prazo de execución establecida na resolución de concesión.