El plazo de presentación finalizó el 19/11/2018

INVITACIÓN ÁS EMPRESAS PARA MANIFESTAR O INTERESE EN ACCEDER A UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS COLABORATIVAS

Finalidad / Objetivo

Anunciar que o Igape está estudando a convocatoria de axudas dirixidas a que as empresas, especialmente as industriais, así coma outros operadores económicos, poidan desenvolver as infraestruturas colaborativas que necesiten para mellorar a súa actividade económica.

Beneficiarios potenciales

1. Empresas con personalidade xurídica propia ou autónomos con centro de traballo en Galicia.

2. Agrupacións «ad hoc» de empresas, que deberán constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Organizacións sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos .

Sectores incentivables

Todos, excepto os dos artigos 1.3 e 13 do Regulamento (UE) 651/2014: empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

Requisitos principales del proyecto

As infraestruturas poñeranse a disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo para cobrar por uso ou venda será prezo de mercado.

As infraestruturas deberán permitir a utilización directa por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de tarificación en función do uso ou consumo que se realice. Non será válido que o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou maioritario a infraestrutura para a execución de proxectos para terceiros.

A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para a explotación realizarase sobre base aberta, transparente e non discriminatoria.

Inversiones o gastos computables

Serán custos subvencionables os custos de investimento en activos materiais e inmateriais.

O importe máximo teórico da axuda estaría no valor da diferenza entre custos subvencionables e beneficio de explotación, non obstante, a intensidade das axudas, os límites e os criterios para establecelas, serán definidos tras as manifestacións de interese e a análise das propostas.

Entenderase como beneficio de explotación o definido no Regulamento 651/2014: a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate, se esta diferenza é positiva.

Entenderanse como custos de explotación segundo o mesmo regulamento: custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueres ou administración, pero exclúen, para os efectos do presente Regulamento, os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento.

A axuda concederíase en base ao plan de viabilidade presentado polo solicitante e revisarase anualmente para adaptar a axuda á execucion real deste.

Referencia legislativa

Resolución do 4 de outubro de 2018 (DOG Nº 205 do 26/10/2018) -

Información y tramitación en

As manifestacións de interese axustaranse ás condicións e aos contidos recollidos no anexo desta resolución, deberán entregarse telematicamente ao Igape (Área de Competitividade) mediante a utilización dun dos seguintes procedementos:

– https://sede.xunta.gal (servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

– http://tramita.igape.es (procedemento PE001.2017.1-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

Teléfono de información: 900 81 51 51