El plazo de presentación finalizó el 28/09/2018

IG223 - PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA (2018)

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías relacionadas cos conceptos de Industria 4.0, segundo os termos recollidos na Axenda de competitividade industrial, Galicia: Industria 4.0, que inclúe as seguintes:

1º. Robotización e robotización colaborativa.
2º. Fabricación aditiva.
3º. Sensórica e actuadores mecatrónicos.
4º. Sistemas ciber-físicos.
5º. Automatización total ou estendida.
6º. Intercomunicación máquina-máquina.
7º. Conectividade total ou estendida.
8º. Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).
9º. Personalización de produtos.
10º. Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.
11º. Big Data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria.
12º. Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.
13º. Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

Tipos de apoyo

Os apoios aos proxectos piloto Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das pemes integrantes del.

O premio incardínase no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

Para os efectos destas bases, entenderase por:

a) Peme galega: As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014. As entidades ou empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de que cumpren cos criterios de definición de peme conforme a normativa comunitaria, que son sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñen un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto e que desenvolven a súa actividade empresarial nalgún dos ámbitos de actividade subvencionables.

b) Ámbito da «nova industria»:
As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de «nova industria» definido na axenda de competitividade industrial de Galicia: «ampliando o tradicional concepto de industria para abranguer os servizos á produción, complementarios e interdependentes desta».

Establécense as seguintes excepcións, segundo o artigo 13 do Regulamento (UE) 651/2014:
i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura.
ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.
iii) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
iv) As empresas do sector transporte só poderán obter axudas para as colaboracións externas.

3. Para poder optar aos premios e subvencións, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007). A dita agrupación terá que estar constituída por un organismo intermedio e, polo menos, tres pemes galegas. Deberanse facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, o organismo intermedio será nomeado representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez resolto o premio, e concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da axuda.

4. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Un organismo intermedio poderá liderar unha ou máis agrupacións sempre que os proxectos se presenten a categorías sectoriais diferentes. As pemes poderán participar en máis dunha agrupación, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) Entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise.
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectores incentivables

As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de «nova industria».

Cualificación requerida del proyecto

--

Inversiones o gastos computables

1º Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

i) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, relacionados coa Industria 4.0, segundo se define no artigo 1.1. destas bases. Exclúense a adquisición e o acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina, agás elementos informáticos. A adquisición e a adaptación de software consideraranse investimento subvencionable.

ii) Colaboracións externas: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa, como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

2º. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

3º. Os investimentos e gastos subvencionables das pemes participantes non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude por parte da agrupación no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser efectuados con carácter previo á esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para acreditar o cumprimento desta condición, cada peme participante na agrupación deberá cubrir, no propio formulario electrónico de solicitude, unha declaración responsable de non ter iniciados os traballos na data de presentación da solicitude. Os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos. Se a exclusión dunha ou máis pemes reduce o número de participantes a menos de 3, denegaríase a solicitude no seu conxunto.

4º. O período de execución dos investimentos e gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

5º. Os investimentos e gastos previstos por cada peme participante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente a cada peme os investimentos e gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.

6º. Cando o importe do investimento ou do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017 de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo da adquisición do ben ou a prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos e dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

7º. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

8º. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

9º. No caso de investimento en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

10º. Os provedores non poderán estar vinculados co beneficiario da axuda nin cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

Cuantía de las ayudas

Os apoios aos proxectos piloto Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das pemes integrantes del:

a) Premios aos seis proxectos sectoriais máis representativos do concepto Industria 4.0.

1º. Cualificarase o proxecto máis representativo dentro dunha determinada categoría sectorial segundo a súa definición, desenvolvemento, características e condicións de execución, e que integrará a implementación de diversas solucións en todas e cada unha das pemes individuais participantes.
2º. Poderase premiar un máximo de 6 categorías sectoriais (determinadas polos sectores de actividade ou ámbitos de negocio que presenten proxectos ao concurso). Concederase un premio por categoría de contía máxima de 25.000 euros cada un e placa conmemorativa. O premio outorgaráselle ao organismo intermedio líder da agrupación. En caso de non poder conformar as 6 categorías sectoriais, ou que o premio dalgunha categoría quede deserto, poderá asignarse máis dun premio nunha categoría.
3º. O premio dividirase en dous tramos: un fixo de 5.000 euros e placa conmemorativa, que se entregará en acto público convocado para o efecto unha vez resoltos os premios. Despois de executados os proxectos, os organismos intermedios premiados percibirán unha cantidade variable de ata 20.000 euros, que se modulará en función da porcentaxe de execución dos proxectos de pemes subvencionados, unha vez xustificadas e aboadas as correspondentes axudas. Os premios son acumulativos entre categorías, de xeito que un mesmo organismo poderá resultar premiado por unha ou máis categorías.

b) Subvencións aos investimentos e gastos en que consista a execución dos proxectos premiados.

1º. As subvencións serán individualizadas para cada peme participante integrante dos proxectos premiados.
2º. A subvención ás pemes participantes será do 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas e do 20 % para as medianas, queda exceptuada a subvención sobre os gastos de colaboracións externas, que será do 50 %.
3º. A subvención total concedida ao conxunto de pemes que participen ao abeiro de cada proxecto premiado (ou subvencionado sen premio, segundo o seguinte parágrafo) non superará 1.500.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de setembro de 2018.

Referencia legislativa

Resolución do 19 de xullo de 2018 (DOG Nº 148 do 03/08/2018) - Bases e convocatoria 2018
Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG Nº 130 do 10/07/2019) - Ampliación prazos execución e solicitude de cobro
Resolución do 11 de xuño de 2020 (DOG Nº118 do 17/06/2020) - Ampliación prazo de execución e solicitude de cobro

Información y tramitación en

INFORMACIÓN:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

TRAMITACIÓN:
As agrupacións interesadas en presentar unha candidatura ao premio deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto que concorra ao premio e dos gastos subvencionables das pemes participantes, a través de www.tramita.igape.es
A solicitude será presentada a través do organismo intermedio que lidere a dita agrupación.
Para tal fin, con carácter previo á presentación da candidatura, deberá terse constituído a agrupación das pemes participantes.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude o documento contractual que regule o funcionamento interno da agrupación, segundo o establecido no artigo 2.3 e no anexo IV, se é o caso, e a seguinte documentación relativa a cada partícipe da agrupación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado as pemes participantes, de acordo co establecido no artigo 1.2.b) 11 destas bases reguladoras.
c) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter mención explícita aos criterios sinalados no artigo 6.4.b) destas bases, que se deberá xuntar como documento ao formulario electrónico de solicitude. Esta memoria tamén deberá incluír a correlación entre os ámbitos da Industria 4.0 que se implementan no proxecto de cada peme e os investimentos e gastos propostos.
d) Compromiso expreso do organismo intermedio líder da agrupación de realizar pola súa conta os seguintes soportes divulgativos, segundo as instrucións ditadas polo Igape:
1º. Un vídeo de 5 minutos de duración, cando menos, en que se vexa o resultado da execución do proxecto de cada empresa e se valoren cualitativamente os resultados do conxunto da agrupación.
2º. Este vídeo complementarase cun informe de resultados de cada peme, cunha extensión orientativa de dúas páxinas por empresa, orientado á súa publicación web e no cal se ofrecerá información gráfica e textual sobre cada proxecto.
e) Declaración responsable do representante legal de cada membro da agrupación de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se concede a axuda.

Observaciones

A data límite para a execución dos proxectos será o 7 de agosto de 2020

A data límite para presentar a solicitude de cobramento, tanto para as pemes beneficiarias como para os organismos intermedios, será o 21 de agosto de 2020