El plazo de presentación finalizó el 31/12/2019

IG245 - PRÉSTAMOS IFI RELANZAMENTO

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente empresas que tras ou durante un proceso de refinanciamento ou reestruturación que lles dificulta o acceso ao financiamento bancario necesiten investimentos en activos fixos e en capital circulante estrutural vinculado ao investimento, para mellorar a súa rendibilidade e recuperar mercado.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular para as distintas modalidades de préstamo:

Obxectivo temático 03: mellorar a competividade das pemes.
Prioridade de investimento 03.d: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural e comercial.
Actuación 3.4.1.3.b: instrumentos financeiros para proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e a consolidación das pemes.
Campo de intervención CE001: investimentos produtivos xenéricos en pequenas e medianas empresas (pemes).

Tipos de apoyo

Contratos de préstamo que se instrumentará entre o beneficiario e o Igape.

Beneficiarios potenciales

1. Aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Requisitos específicos dos beneficiarios.

1) A beneficiaria deberá acreditar que se atopa con dificultades de acceso ao crédito. Entenderase acreditado este aspecto cando presente algunha das seguintes circunstancias:

- Se a empresa acometeu nos dous últimos anos un proceso de refinanciamento, xa sexa mediante unha negociación bilateral con entidades de crédito, que chegase a un acordo de refinanciamento cos seus acredores ao amparo do artigo 5.bis da Lei 22/2003, concursal, ou que fose declarado en concurso adquirindo eficacia un convenio cos seus acredores.

- Empresas que cheguen a un acordo de refinanciamento do seu endebedamento bancario, obtendo unha carencia en virtude da cal se pospoñan amortizacións nunha contía equivalente ao 40 % do custo financiable, aprazándoas alén do prazo de execución do proxecto.
2) A beneficiaria deberá dispoñer dun historial de, polo menos, catro exercicios pechados, dos que figuren contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil. Nas devanditas contas, para cada un dos tres últimos exercicios, da suma do resultado de explotación máis a amortización do inmobilizado, descontando provisións, deterioracións e resultados por alleamento de inmobilizado, deberá resultar un importe positivo.

3) Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens.

Sectores incentivables

Serán financiables os proxectos que se desenvolvan en todos os sectores, fóra dos expresamente excluídos no artigo 2.4.

Requisitos principales del proyecto

O proxecto deberá presentar un custo financiable superior a 100.000 euros.

* Acreditación de financiamento bancario complementario.

Polo menos o 40 % do custo total elixible do proxecto cubrirase cos fluxos de efectivo previstos da empresa durante o período de execución, cando se acredite ter refinanciado vencementos no devandito período de pasivos bancarios por un importe equivalente.

* Condicións do produto financeiro.

O importe mínimo do préstamo será de 60.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros. En ningún caso superará o 60 % do custo do proxecto financiable.

O prazo de amortización será a 10 anos incluíndo unha carencia na amortización de principal máxima de 2 anos, adaptada ás características do proxecto e ao seu plan financeiro.

* Tipo de xuro.

– Tipo de referencia: será a media do euríbor a 1 ano do mes anterior á data da proposta de resolución de concesión do préstamo.
– Marxe adicional: será de 4 puntos porcentuais. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando o criterio recollido no anexo 2, supera o límite de axuda de minimis, incrementarase a marxe adicional para diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite.

O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros.

O Igape tomará garantías en función da súa dispoñibilidade e das características do proxecto

Inversiones o gastos computables

1. Serán financiables os seguintes conceptos:

a) Activos fixos materiais: Adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipo, mobiliario. O importe financiable en concepto de terreos non poderá superar o 10% do importe do préstamo.

b) Activos intanxibles: Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, que deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1º empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2º consideraranse activos amortizables; 3º adquiriranse a terceiros en condicións de mercado, 4º e deberán figurar no activo da empresa.

c) Capital circulante necesario para o crecemento do negocio, sempre que este último non supere o 60 % do proxecto total financiable, entendendo como tal o incremento permanente de capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto.

d) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE do investimento, cando non sexa recuperable.

e) Non serán subvencionables as contribucións en especie.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en aluguer e/ou en réxime de concesión administrativa.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados cando se cumpran os seguintes requisitos:

a) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

b) o prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.

b) O 31 de decembro de 2019.

Unha vez finalizado o prazo non se admitirán máis solicitudes.

Incompatibilidades

As operacións financeiras concedidas ao amparo destas bases inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria respecto dunha operación alternativa que poderían obter no mercado financeiro.

A subvención bruta equivalente en base á diferenza entre o tipo de xuros aprobado e os xuros de mercado recollerase no acordo de Concesión e serán determinados polo Igape coa metodoloxía descrita no Anexo 2. A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda. 2.

As subvencións implícitas das operacións de financiamento reguladas nas presentes bases, terán a consideración de axudas de mínimis.

A concesión destas axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial a da Unión Europea. Nestes termos serán compatibles con outras a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

a) O importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación. En particular, serán compatibles con outras axudas de mínimis, sempre que o importe total que se conceda a unha mesma empresa non supere 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 euros para as empresas que realicen por conta allea transporte de mercadorías por estrada.

b) O gasto financiado co cargo ao préstamo IFI non estea subvencionada por FEDER ou outro fondo ou instrumento da Unión. En ningún caso, ailladamente ou en concorrencia con outras axudas, poderá subvencionarse un gasto superior ao do custo total subvencionable do proxecto.

Non se poderán utilizar as operacións financeiras reguladas nestas Bases para prefinanciar outras subvencións. Non se utilizarán outras subvencións para reembolsar as operacións financeiras reguladas nestas bases.

Referencia legislativa

Resolución do 16 de outubro (DOG Nº206 do 30/10/2017) - Bases reguladoras
Resolución do 16 de outubro de 2017 (DOG Nº230 do 04/12/2017) - Corrección de erros
Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG Nº247 do 28/12/2018) - Modificación das bases
Resolución do 7 de outubro de 2019 (DOG Nº197 do 16/10/2019) - Modificación das bases

Información y tramitación en

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir un formulario a través da aplicación establecida na dirección da internet http://www.igape.es/gl/oficina-virtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica. As solicitudes de préstamo e achega da documentación realizarase por medios electrónicos, incluídas persoas físicas.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no Anexo 1 para cada modalidade do produto financeiro.
– Documentación acreditativa da reestruturación e/ou dos acordos de refinanciamento da débeda sinalados no punto C.1 do anexo.
– Memoria do proxecto, segundo o indicado nas bases.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente na dirección da internet https://sedeelectronica.bde.es)

c) En caso de sociedades mercantís: 1º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente. 2º Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado. 3º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) En caso de sociedades en constitución:
1º Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai a constituír.

2º Proxecto de estatutos da sociedade. Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, terá que ser presentada no Igape a escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude.

e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

h) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

i) Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

j) Copia do contrato de aluguer/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

k) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o 31 de decembro de 2020 nin o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo 5.2, xunto á documentación xustificativa do cumprimento de condicións para a disposición que se establecen no Anexo 1 para cada modalidade de préstamo, e no acordo individual de concesión.