Base de expertos en comercio exterior, rede mundial de emprearios galegos no exterior e outros apoios...
Poñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxectivo de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos distínguense polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.
Os tipos de servizos que se prestan dende as antenas son:
Ofrece servizos especialmente orientados á temática Brexit.
Beneficiarios dos servizos:
Modo de solicitude de servizo: a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE no exterior
Datos de comercio exterior de Galicia. Enlace
A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas coma con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.