Seguindo o seu principio de proximidade á sociedade e as empresas, o IGAPE conta cunha rede de oficinas que se estende por toda a comunidade galega.

O Igape convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación  práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

21/07/2020 data fin de prazo de solicitudes.

 

  Plataformas 1   China g   EEUU g   Marrocos g   Mexico g
  (Shanghai)   (Miami)   (Casablanca)   (Ciudad de México)
               
  Peru g   BREXIT g        
  (Lima)   (Londres)         

Poñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxectivo de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos distínguense polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.

Os tipos de servizos que se prestan dende as antenas son:

  • Información de mercado e apoio in-situ.
  • Prospección de mercado.
  • Identificación e seguimento de axentes de negocio: socios potenciais, clientes e distribuidores.
  • Elaboración de axendas.
  • Itinerario personalizado de internacionalización empresarial.
  • Apoio puntual en accións de promoción.
  • Seguimento de accións comerciais previas.

Ofrece servizos especialmente orientados á temática Brexit.

 


 Beneficiarios dos servizos:

  • Empresas galegas.
  • Organismos empresariais galegos.

Modo de solicitude de servizo a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE no exterior 

Manual de solicitude do servizo  bullet-arrow2