O director do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe na inauguración das instalacións nas Pontes, onde o grupo chinés investiu 20 millóns de euros e agarda chegar aos 100 traballadores. Daxiong Spain fabrica arame e cordón de aceiro para estruturas de formigón pretensado que exporta aos seus clientes en Europa, América e Norte de África. A compañía contou co asesoramento integral da Xunta, a través do Plan Ferrol, e co apoio financeiro do programa Reindus do Ministerio de Industria.

O director do Igape, Javier Aguilera, e o subdirector de Programas Estratégicos do MINETUR, Ramón Herrero, presentan as axudas para a reindustrialización de Ferrol, Eume e Ortegal. O programa Reindus mantén a dotación de 45,7 millóns para Ferrolterra de cara a apoiar tanto as novas implantacións industriais como os investimentos para ampliar a capacidade de produción de industrias existentes. Na xornada técnica tamén se presentaron as liñas de apoio da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para facilitar a creación, o crecemento e a consolidación das empresas.

A convocatoria deste ano está dotada con máis de 8 millóns de euros que servirán para apuntalar as exportacións galegas, que creceron case un 20% nos seis primeiros meses do ano. O director do Igape, Javier Aguilera, destaca o récord de empresas exportadoras de xaneiro a xuño. Máis de 250 empresas galegas están xa a colaborar en 43 proxectos amparados polo Primex, que se están a desenvolver en 20 mercados estranxeiros.