O director do Igape, Javier Aguilera, e o subdirector de Programas Estratégicos do MINETUR, Ramón Herrero, presentan as axudas para a reindustrialización de Ferrol, Eume e Ortegal. O programa Reindus mantén a dotación de 45,7 millóns para Ferrolterra de cara a apoiar tanto as novas implantacións industriais como os investimentos para ampliar a capacidade de produción de industrias existentes. Na xornada técnica tamén se presentaron as liñas de apoio da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para facilitar a creación, o crecemento e a consolidación das empresas.

A convocatoria deste ano está dotada con máis de 8 millóns de euros que servirán para apuntalar as exportacións galegas, que creceron case un 20% nos seis primeiros meses do ano. O director do Igape, Javier Aguilera, destaca o récord de empresas exportadoras de xaneiro a xuño. Máis de 250 empresas galegas están xa a colaborar en 43 proxectos amparados polo Primex, que se están a desenvolver en 20 mercados estranxeiros.