ENQUISA SOBRE OS PROBLEMAS PARA A IMPLANTACIÓN DE EMPRESAS E A BUROCRACIA MUNICIPAL
Co obxectivo de reducir as cargas administrativas a nivel local, a Universidade de Vigo, a través da Red Localis, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Xunta asinaron un convenio de colaboración que facilita detectar e analizar os problemas para o acceso ao exercicio de actividades de servizos e o desenvolvemento empresarial segundo os estándares internacionais.
Para coñecer o punto de vista do tecido produtivo, despois de recoller a opinión dos concellos, as institucións asinantes do convenio invitan ás empresas galegas a realizar unha enquisa breve sobre os problemas para a implantación de empresas e a opinión sobre a burocracia municipal nos últimos cinco anos.
Pode cubrirse ata o 16 de outubro, cando se iniciarán os traballos de análise das avaliacións achegadas.
Enlace para cubrir a enquisa
|
|
|
|