ACTIVADO O PROGRAMA RESPONSABILÍZATE: INTEGRACIÓN DA RSE NA XESTIÓN EMPRESARIAL
Promover a autonomía das Pemes e as persoas autónomas en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é o obxetivo do Programa Responsabilízate, que mantén aberta a convocatoria da súa segunda edición, e co que a Xunta de Galicia pretente contribuír a facer do galego un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente.
O Igape colabora na promoción desta actividade gratuíta de acompañamento e formación que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, na que persoas expertas asesoran, de xeito personalizado, na execución de plans de implantación e mellora da RSE dos modelos de negocios dos participantes.
Solicitudes
Máis información
|
|
|
|