XORNADA TÉCNICA ICO-IGAPE. NOVOS INSTRUMENTOS DE FINANCIAMENTO PARA AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS
Achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os novos instrumentos de financiamento que se están a poñer en marcha ao abeiro dos acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Igape, as SGRs e as entidades financeiras galegas, é o obxectivo da xornada técnica que se vai desenvolver no Salón de Actos da Biblioteca da Cidade da Cultura mañá, 20 de xullo, a partir das 11:15 horas.
A xornada técnica incluirá o relatorio dun experto de ICO sobre as liñas de financiamento desta entidade pública para empresas e emprendedores, e unha mesa redonda sobre os instrumentos de financiamento para autónomos e pequenas empresas na que intervirán representantes das sociedades de garantía recíproca (SGR) galegas, Afigal e Sogarpo, así como un autónomo e o titular dunha pequena empresa que investiron contando con financiamento do ICO e do Igape, e que achegarán as súas experiencias ao respecto.
Na clausura participará o presidente do Instituto de Crédito Oficial, Pablo Zalba.
Programa e inscricións
|
|
|
|