CURSO O COMERCIO INTERNACIONAL: “TRANSPORTE MARÍTIMO E OPERATIVA PORTUARIA”, ICEX-CECO. 3ª EDICIÓN
O IGAPE, en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña: “O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria, 3ª Edición”. Ten entre outros obxectivos os de:
- Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
- Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
- Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
- Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.
As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, sobre todo para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais e dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade como funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.
A exportación soe estudarse desde unha perspectiva porta a porta. Este novedoso curso faino tomando como punto de partida o porto. Nos contratos de exportación de mercadorías o porto é o punto onde conflúen máis custos e máis riscos para as partes implicadas na venda internacional, cos conseguintes efectos xurídicos e económicos para elas.
-
Destinatarios da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.
-
Datas celebración do curso: 2 de outubro a 10 de decembro de 2017, cunha duración de 120 h.
-
Prazas limitadas. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas dispoñibles.
Máis información e preinscrición
|
|
|
|