OPORTUNIDADES DE NEGOCIO NO EXTERIOR.
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA ECICII+
O obxectivo fundamental desta xornada é fomentar a internacionalización empresarial poñendo en valor as oportunidades que ofrece. Presentaranse tamén os servizos de apoio á internacionalización do programa ECICII +
A xornada técnica está dirixida a pemes de Galicia e do Norte de Portugal interesadas en iniciar ou ampliar o seu proceso de internacionalización e contará coa intervención dun conselleiro do Banco Munudial e coa exposición de tres experiencias de internacionalización.
Organiza a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) no marco do programa ECICII+, cofinanciado con fondos Feder (dentro do programa POCTEP), no que participa como socio o Igape.
A xornada desenvolverase na sede da CEP, en Vigo (García Barbón, 104), mañá martes, 4 de xullo, a partir das 10h30.
Programa e inscricións
|
|
|
|