XORNADA INFORMATIVA: APOIOS AO EMPRENDEMENTO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Facilitar información detallada sobre o amplo catálogo de apoios da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao emprendemento é o obxectivo da xornada informativa que se desenvolverá o próximo luns, día 8 de maio, no hotel Oca Augas Santas de Pantón, a partir das 11:15 horas.
Neste encontro informativo, organizado en colaboración con AJE Galicia, haberá relatorios sobre os apoio ao emprendemento e á creación de postos de traballo que ofrece a Secretaría xeral de Emprego e sobre as axudas aos proxectos das Pemes e dos novos emprendedores reguladas no programa Galicia Emprende do Igape. Tamén se mostrará unha experiencia de emprendemento centrada no "Turismo na Ribeira Sacra".
Programa
Confirmación de asistencia: comunicacion@igape.es
Máis información: 900 81 51 51
|
|
|
|