PREMIOS RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL GALICIA 2016. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca os ‘Premios RSE Galicia 2016’, que recoñecerán a aquelas empresas públicas e privadas galegas, ou con centros de traballo en Galicia, que nas súas políticas e sistemas de xestión implanten e poñan en funcionamento os principios e prácticas de responsabilidade social empresarial.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases reguladoras destes galardóns, que a Xunta de Galicia celebra este ano por segunda vez consecutiva.
O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro día 29 de xullo de 2016. As empresas que fan RSE nos ámbitos social, económico, ambiental e de conciliación e fomento da igualdade poden enviar a candidatura a través da Sede electrónica.
|
|
|
|