O director do Igape, Juan Cividanes, encabezou unha misión comercial na que participaron Pescanova, Albo, Lanzal, Estrella Galicia, Vinigalicia, Feiraco-Clun, Leche Rio, Galmesano e Coren. Galicia foi a única comunidade autónoma que contou cun espazo expositivo propio na segunda Feira Internacional de Importación de China. A empresa galega de desenvolvemento de proxectos navais Gabadi está a construír catro tanques de contención de gas natural licuado para buques porta-contedores no estaleiro Jiangnan Shipyard, en Xangai. Nos oito primeiros meses deste ano, a alimentación e as bebidas supuxeron o 39% do total das vendas galegas a este país, destino ao que en 2018 exportaron máis de 440 empresas da nosa comunidade.
A iniciativa, enmarcada na Axenda 4.0, ten como obxectivo impulsar as empresas galegas de distribución e subministración e un sector que representa o 4% do PIB galego e preto de 50.000 empregos. O novo plan activado pola Xunta inclúe a posta en marcha de catro centros de apoio ao transporte por estrada, dos que se beneficiarán 5000 empresas ata 2022. Tamén se impulsará un proxecto para a simplificación dos trámites aduaneiros e unha plataforma dixital de co-carga a través da cal as compañías recibirán as mellores ofertas para contratar servizos loxísticos. Crearase unha aceleradora sectorial e activarase un portal de información en liña. Inclúe un convenio co novo Clúster da Función Loxística, que nace da cooperación entre axentes e empresas e ten previsto agrupar a 50 compañías. Esta entidade contou para a súa constitución con empresas como Kaleido, Gadisa, Finsa, Hijos de Rivera, e Delta Vigo, ademais da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria habilitará estes apoios para contribuír a mellorar a situación financeira de provedores de bens e servizos de estaleiros que atravesan dificultades. A nova iniciativa incorporarase ao programa de préstamos directos para o financiamento empresarial, que dispón no seu conxunto dun orzamento de 36 M€ ata 202. Os apoios terán un importe mínimo de 50.000 euros e un máximo dun millón e contarán cun prazo de amortización de cinco anos.
O director do Igape, Juan Cividanes, encabeza a delegación impulsada en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña que participa na segunda Feira China International Import Expo. Nesta cita internacional da importación que se celebra en Xangai desde mañá ata o domingo participan as empresas Pescanova, Albo, Lanzal, Estrella Galicia, Vinigalicia, Feiraco-Clun, Leche Rio, Galmesano e Coren. Galicia conta cun espazo expositivo propio sobre alimentación na cita do país asiático, destino no que as vendas galegas do sector se incrementaron case un 83% nos oito primeiros meses do ano. Outras 8 empresas galegas participan noutra misión comercial multisectorial a este destino e a Taiwán, impulsada a través dos programas Foexga e Sinerxía.
Ata o 30 de novembro poderán presentarse as solicitudes para a nova edición, que disporá dun orzamento dun millón de euros. Aos espazos de Mondoñedo, Monforte de Lemos, Celanova, Vilanova de Arousa, Cabana de Bergantiños, Ferrol, e Santiago de Compostela súmanse tres novos en Palas de Rei, Cenlle e Moaña. As novas aceleradoras están centradas no Camiño, a agroalimentación e o naval.