El plazo de presentación finalizó el 23/03/2021

TR500D - PROGRAMA II OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS

Finalidad / Objetivo

Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarios potenciales

As persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

As persoas beneficiarias ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Ter domicilio fiscal en Galicia.

- Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:

a) Orde do 4 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Orde do 8 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma.

c) Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ou en calquera outra orde ou disposición, posterior ou simultánea, ditada pola autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

2. Para os efectos destas axudas entenderase que está afectado polo peche aquel establecemento que non puidese ter aberto segundo a normativa sanitaria e estea no número 4 das medidas especiais para determinadas actividades do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021. Consideraranse incluídas as atraccións de feira a que se refire o punto segundo.2 da referida orde, así como da Orde do 3 de decembro de 2020, sempre que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público.

3. Dada a natureza extraordinaria, tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras, como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria da que derivan e que provocou que a meirande parte de persoas autónomas e empresas solicitaran aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo II na presente orde.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

Cuantía de las ayudas

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:

– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 euros.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.200 euros.

– Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 29 percibirán unha axuda única de 2.700 euros. Igualmente percibirán unha axuda única de 2.700 euros as actividades de atraccións de feira a que se refire o punto 3 do artigo 29.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10, incrementarase en 1.000 euros nas alíneas anteriores.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado e, xa que logo, a persoa ou entidade beneficiaria poderá ter máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito, deberán presentar unha única solicitude por titular e, no caso de ser titular de máis dun establecemento afectado polo peche das ordes citadas no artigo 30, nesa mesma solicitude figurarán todos os establecementos afectados polo peche dos cales sexa titular.

Referencia legislativa

Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG Nº 36 do 23/02/2021) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Subdirección Xeral de Emprego

San Lázaro, s/n

Teléfono: 900 815 600

Email: autonomos.emprego@xunta.gal