El plazo de presentación finalizó el 30/10/2020

ANTICIPOS POR PAGAMENTO DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO (TR820X)

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para a tramitación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19.

Poderán realizar esta comunicación todas aquelas empresas cun expediente de regulación temporal de emprego presentado como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 e debidamente autorizado e comunicado pola autoridade laboral da Xunta de Galicia, en favor das persoas traballadoras afectadas polo dito expediente que queiran formalizar un anticipo en virtude do disposto no citado convenio de colaboración.

Requisitos principales del proyecto

a) Que presentou un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19, aprobado e comunicado ao SEPE pola autoridade laboral da Xunta de Galicia.

b) Que a/s persoa/s traballadora/s solicitante/s de anticipo das cales comunica información están incluídas no citado expediente.

c) Que os datos comunicados son un fiel reflexo dos facilitados no formulario de solicitude colectiva da empresa que xa foi remitido ao Servizo Público de Emprego Estatal de acordo co procedemento establecido.

d) Que se compromete a non modificar a comunicación da conta de domiciliación da/s persoa/s traballadora/s solicitante/s.

e) Que, previamente á comunicación, se informaron a/as persoa/s traballadora/s solicitante/s sobre a comunicación dos seus datos persoais á Consellería de Economía, Emprego e Industria co fin de poder xestionar o anticipo das súas prestacións por desemprego.

f) Que a comunicación é conforme co exixido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa concordante.

Plazo de presentación de solicitudes

Prazo: 27/04/2020 - 30/10/2020

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Referencia legislativa

Orde do 24 de abril de 2020 (DOG Nº80 do 27 de abril de 2020)

Información y tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Subdirección Xeral de Relacions Laborais.

San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981547241

TRAMITACIÓN:

A comunicación da información necesaria para a tramitación dos anticipos regulados no convenio de colaboración realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal