El plazo de presentación finalizó el 30/09/2020

PROGRAMA DO BONO RENOVA NOS NEGOCIOS DAS PERSOAS AUTÓNOMAS (TR341S)

Finalidad / Objetivo

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

2. A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Beneficiarios potenciales

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 60 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser persoas beneficiarias desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 60 anos ou máis, debe levar máis de 24 meses de alta no no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Exclusións

- Estarán excluídas as transmisións realizadas entre os cónxuxes.

- Exclúense dos beneficios do programa establecido nesta orde as persoas ou entidades nas que concorran os motivos de exclusión previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

Requisitos e obrigas das persoas beneficiarias:

1. A persoa adquirente e a transmitinte teñen a obriga de estar inscritos separada ou conxuntamente no Programa de remuda xeracional na oficina do autónomo.

2. A persoa adquirente debe estar dada de alta no RETA no mes seguinte á transmisión do negocio, mantendo a alta no RETA e na actividade do negocio que se adquire durante un período mínimo de 2 anos.

3. A persoa ou entidade beneficiaria deberá manter no seu cadro de persoal á persoa traballadora contratada por un período mínimo de 2 anos desde a data da transmisión do negocio, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.

No suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a persoa ou entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación, polo menos cunha xornada de traballo igual ou superior á de persoa substituída . Para cubrir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación debe serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda xunto cun novo anexo -- referido á nova contratación e non dará lugar en ningún caso a unha nova subvención. A suma do tempo contratada da persoa traballadora e da substituta debe ser como mínimo igual aos dous anos

4. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.

Cuantía de las ayudas

1. A persoa transmisora terá unha subvención de 5.000 euros para compensar os gastos derivados do traspaso.

No caso de que o negocio teña varios persoas donas a axuda consistirá no pagamento desa contía en proporción á súa participación.

2. A persoa adquirinte terá tres liñas de axudas:

a) Bono asesoramento: A persoa adquirente terá unha axuda consistente no pagamento do 100 % cun límite de 3.000 euros dos gastos de asesoramento realizados mediante un contrato.

O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será por negocio en proporción á súa participación.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 euros para realizar formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde 3 meses antes da alta ata o 15 de novembro de 2020 e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Non se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

c) Bono Inicio de actividade, será unha subvención para os gastos de inicio de actividade que será dunha cantidade de 5.000 euros por negocio e terá un incremento de 3.000 por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un período mínimo de 2 anos.

Este incremento será por un máximo de 5 traballadores, entre os que se incluirán as persoas que se dean de alta como traballadoras autónomas se fosen uns traballadores da empresa.

Para este bono o adquirinte comprometese a manter o negocio durante un período mínimo de 2 anos e a manter os traballadores polos que solicite a axuda durante ese período mínimo de 2 anos mantendo como mínimo a mesma xornada.

Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación, ou na súa falta na xornada máxima legal.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2020.

Referencia legislativa

Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG Nº22 do 03/02/2020) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

San Lázaro, s/n

1578 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625

Email: autonomos.emprego@xunta.gal