El plazo de presentación finalizó el 30/09/2020

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN (TR349R)

Finalidad / Objetivo

Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

Tipos de apoyo

As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (código procedemento TR349R).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción, as entidades de formación, así como as entidades sen animo de lucro.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Requisitos principales del proyecto

Obrigas das entidades beneficiarias para bono de contratación para incentivar á contratación indefinida inicial e a temporal inicial cunha duración mínima de doce meses de persoas desempregadas paradas de longa duración

Son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:

1. Para as contratacións indefinidas inicias son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:

a) Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada durante un período de dous anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa traballadora desempregada de longa duración pola que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

b) Manter en cómputo anual o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal, durante polo menos 2 anos, que se contarán desde o mes de realización da contratación.

c) Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas.

Esta declaración deberá presentarse de cada un dos dous anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os o informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora.

2. Para as contratacións temporais cunha duración mínima de doce meses son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:

a) Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada durante un período mínimo dun ano contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación realizada cunha persoa traballadora desempregada pola cal se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

b) Unha vez finalizado o período dun ano do cumprimento destas obrigas, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes, as nóminas correspondentes aos 12 primeiros meses da contratación.

Cuantía de las ayudas

* Bono de contratación para incentivar á contratación indefinida inicial e a temporal inicial cunha duración mínima de doce meses de persoas desempregadas paradas de longa duración.

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

2. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

– Se a persoa desempregada parada de longa duración contratada é maior de 45 anos.
– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a persoa traballadora contratada é unha persoa emigrante retornada.
– Se é unha persoa trans.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante. En caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

* Bono de formación para o financiamento de accións formativas relacionadas co posto de traballo.

Esta formación incentivarase no caso dos contratos indefinidos iniciais cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de doce meses e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Plazo de presentación de solicitudes

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anterior

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.
En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.
Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.

Referencia legislativa

Orde do 21 de novembro de 2019 (DOG Nº3 do 07/01/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881583 / 881881586
Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294260 / 982294319
Email: emprego.lugo@xunta.gal

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386823 / 988386825
Email: xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal


SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817077 / 986817768
Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal