El plazo de presentación finalizó el 02/10/2017

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (TR349I)

Finalidad / Objetivo

Incentivos á contratación indefinida inicial a tempo completo ou parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil coa finalidade de favorecer o seu emprego estable e facilitar a súa empregabilidade e ocupabilidade.

Beneficiarios potenciales

As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principales del proyecto

1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.

2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

3. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

5. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

6. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Inversiones o gastos computables

Contratacións subvencionables:

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Cuantía de las ayudas

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

1.Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
2.Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
3.Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
4.Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2017.
Se a contratación subvencionable se formaliza entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a entrada en vigor da orde.
As axudas establecidas nesta orde polas contratacións subvencionables formalizadas a partir da entrada en vigor desta orde, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral e, en todo caso, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2017, aínda que non transcorrese dito prazo.

Incompatibilidades

1. Os incentivos establecidos para cada modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación poida dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista a subvención, correspóndelle a opción á persoa solicitante.

2. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso,
coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Referencia legislativa

Orde do 18 de xullo de 2017 (DOG Nº148 do 04/08/2017) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURAS TERRITORIAIS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A
Teléfono: 881881586 / 881881583 Fax: 881881581

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294274 Fax: 982294358

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

Avda. da Habana, 79, 7º
32004 Ourense
Teléfono: 988386825 Fax: 988386770

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo
Teléfono: 986817076 Fax: 986817010