El plazo de presentación finalizó el 15/11/2014

FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS (TR363A)

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas dos mozos e mozas que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.

Requisitos principales del proyecto

* Requisitos das prácticas non laborais que poden ser obxecto de subvención de acordo con esta orde:

1. As empresas ou grupos empresariais, en colaboración cos servizos públicos de Emprego e no marco da responsabilidade social empresarial, poderán subscribir acordos con persoas novas, con ningunha ou moi escasa experiencia laboral, co obxecto de realizar prácticas de carácter non laboral nos seus centros de traballo, co fin de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles un primeiro contacto coa realidade laboral a través do acercamento a esta, ao tempo que contribúen a completar a formación acadada pola persoa nova.

2. As prácticas non laborais realizaranse en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As prácticas non laborais nas empresas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova.

4. As prácticas non laborais nas empresas terán unha duración mínima de catro horas diarias.

5. As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial, baixo a dirección e supervisión dun titor e terán unha duración de entre seis e nove meses. Á finalización das prácticas non laborais, as empresas deberán entregar ás persoas que realicen as mesmas un certificado no que conste, polo menos, a práctica realizada, os contidos formativos inherentes a esta, a súa duración e o período de realización.

6. As empresas ou grupos empresariais en que se desenvolvan as prácticas aboarán ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía será, como mínimo:

• 80 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha duración de catro horas diarias.
• 100 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis de catro horas diarias.

7. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, das persoas estudantes universitarias, que se rexerán pola súa normativa específica.

* Destinatarios das prácticas non laborais e contido destas:

1. As prácticas non laborais irán dirixidas a persoas novas desempregadas inscritas na oficina de emprego, con idades comprendidas entre 18 e 25 anos inclusive, que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente ás ensinanzas de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certificado de profesionalidade. Así mesmo, non deberán ter tido unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a tres meses na mesma actividade, non se tendo en conta para estes efectos as prácticas que formen parte dos curriculos para a obtención das titulacións ou certificados correspondentes.

2. A preselección de persoas novas para a realización das prácticas así como o control e seguimento destas corresponderá ao Servizo Público de Emprego de Galicia. En todo caso, o proceso de selección final das persoas que van participar no programa de prácticas non laborais corresponderá á empresa.

3. Ás persoas novas participantes nas prácticas non laborais, reguladas nesta orde seranlle de aplicación os mecanismos de inclusión na Seguridade Social.

Cualificación requerida del proyecto

As empresas deberán subscribir acordos coa persoa nova que vai desenvolver as prácticas non laborais, nos que se recollerá, polo menos, o contido concreto da práctica que se vai desenvolver, a duración desta, as xornadas e horarios para a súa realización, o centro ou centros onde se realizará, a determinación do sistema de titorías e a certificación a que a persoa nova terá dereito pola realización das prácticas. A empresa emitirá informe á representación legal das persoas traballadoras sobre os acordos de prácticas non laborais subscritos coas persoas novas.

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables as bolsas aos mozos e mozas que realizan as prácticas non laborais ao abeiro dun acordo para a realización destas.

Cuantía de las ayudas

O importe da subvención concretarase no 75 % do IPREM diario vixente por cada unha das persoas novas por cada día que duren as prácticas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 15 de novembro de 2014.

Incompatibilidades

As subvencións previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o financiamento das bolsas aos mozos e mozas que realizan as prácticas non laborais reguladas no Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Esta axuda ten o carácter de axuda de minimis.

Referencia legislativa

Orde do 25 de abril de 2014 (DOG Nº80 do 28/04/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO E FORMACIÓN

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544692 / 981545613 Fax: 981544604