El plazo de presentación finalizó el 23/11/2009

TR340L - INICIATIVAS EMPRENDEDORAS PROMOVIDAS POR PERSOAS DESEMPREGADAS QUE ESGOTASEN AS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

Finalidad / Objetivo

Convocatoria para o ano 2009 do programa de apoio ás novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas que esgotasen as súas prestacións por desemprego e que, pola súa vez, xeren emprego estable para persoas demandantes de emprego

Tipos de apoyo

O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.

Beneficiarios potenciales

Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
f) Que como mínimo o 51 por cento do seu capital social sexa de titularidade de tres promotores e promotoras desempregadas que esgotasen a súa prestación por desemprego, e que creen o seu propio posto de traballo na empresa

Inversiones o gastos computables

Cuantía de las ayudas

a) Subvención á xeración de emprego estable:
A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores e promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivaranse cunha subvención de 4.200 euros. A subvención será de 5.000 euros no suposto dunha muller desempregada. Para as persoas desempregadas que esgotasen a súa prestación por desemprego, a contía desta subvención será de 7.500 euros.

Cando se trate de contratacións indefinidas de persoas traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato obxecto de subvención.

Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 30 de xullo de 2009 ata o 30 de novembro de 2009.

b) Subvención financeira:

A subvención financeira ten por finalidade favorecer a creación de postos de traballo, mediante a redución dos xuros de préstamos para financiar os investimentos en activo fixo que sexan necesarios para a creación e posta en marcha destas empresas.
Non obstante, poderase destinar ata un 25% do importe do préstamo para financiar o activo circulante.

c) Subvención para asistencia técnica:

Para axudar á persoa promotora ou empresario/a na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa poderase financiar a asistencia técnica necesaria, que poderá consistir nas seguintes modalidades:
a) Axuda por formación, que incluirá os cursos que a persoa promotora poida recibir para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial.
b) Axuda pola realización externa de estudos e informes sobre a actividade para que a persoa promotora ou empresario/a poida dispoñer de mellor información sobre os bens ou servizos obxecto de produción, incluíndose nesta epígrafe os estudos de mercado, organización, comercialización, diagnose e outros de natureza análoga.

O gasto orixinado pola asistencia técnica deberá producirse no período subvencionable e deberá ser efectivamente xustificado, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro de 2009.

d) Subvención para o inicio da actividade:

Poderá concederse para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable.
Para as persoas desempregadas que esgotasen a súa prestación por desemprego a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.

A través desta axuda, que se concederá por unha soa vez, serán subvencionables os gastos realizados con posterioridade ao inicio da actividade empresarial e xustificados ata o 30 de novembro de 2009 nos seguintes conceptos: gastos de constitución da empresa, compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro desta orde será dun mes.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.

Incompatibilidades

En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, oncedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80% do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.
3. As subvencións reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de iniciativas locais de emprego (ILES), iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) e de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.
4. A axuda pola xeración de emprego estable será incompatible coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.
Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas axudas ou bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

Referencia legislativa

Orde do 16 de outubro (DOG Nº208 do 23/10/2009) - Bases reguladoras e convocatoria 2009

Observaciones

As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión ou, se é o caso, ata o 30 de novembro de 2009. Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado en quince días de forma extraordinaria e debidamente xustificado.