El plazo de presentación finalizó el 15/09/2007

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (TR341G)

Finalidad / Objetivo

Promover a integración laboral das persoas con discapacidade mediante o financiamento daqueles proxectos empresariais de traballadores discapacitados desempregados que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

Tipos de apoyo

-Subvención financeira de reducción dos xuros de préstamos
-Rendas para o inicio da actividade
-Subvención en función do investimento en activo fixo
-Axuda excepcional

Beneficiarios potenciales

Os traballadores cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos ou por conta propia, sempre que:

- Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben constitúan unha sociedade limitada na que todos os socios sexan persoas físicas e teñan un capital social fundacional inferior a 120.200 euros.

- Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

- Non percibiran subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

-Non desenvolveran como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade; nin estiveran de alta como traballadores autónomos en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

Sectores incentivables

Todos

Cuantía de las ayudas

- Subvención financeira de reducción dos xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo, podendo destinarse ata un 25% a financiar o activo circulante.

Esta subvención será, como máximo, de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisfacer o beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá superar a contía de 4.500 euros.

Poderá concederse esta subvención ás sociedades limitadas de nova creación polos traballadores con discapacidade desempregados que, constituíndose como autónomos, teñan a condición de socio da devandita sociedade. O importe máximo da subvención non poderá superar a contía de 4.500 euros por cada socio.

- Rendas para o inicio da actividade para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos.

Unha subvención de ata 3.600 euros , sen superar o 50% do investimento inicial en activo fixo, ou no suposto de constitución dunha sociedade limitada, o 50% da achega diñeraria inicial ao capital social.

No caso de que a beneficiaria desta renda sexa unha muller , a dita porcentaxe será do 60% e o límite máximo da subvención incrementarase ata 4.800 euros.

- Subvención en función do investimento en activo fixo: Poderá concederse unha subvención de ata 3.900 euros pola creación do seu posto de traballo, calculada en función do investimento en activo fixo.

Non poderán acceder a este tipo de axuda as sociedades limitadas nin os seus socios.

- Axuda excepcional de ata 3.000 euros para o financiamento dos gastos realizados nos dous meses anteriores e nos seis meses seguintes ao inicio da actividade en compra de mercadorías, materias primas e otros aprovisionamientos, publicidade, e arrendamiento de local e maquinaria .

Plazo de presentación de solicitudes

A axuda da renda para o inicio da actividade e a axuda excepcional deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data da alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional e no prazo xeral establecido.

A axuda de subvención financeira e a subvención en función do investimento en activo fixo deberá presentarse con anterioridade ao inicio da execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de transcorrer 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

A sociedade limitada deberá presentar a solicitude de subvención financeira con anterioridade ao inicio da execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de transcorrer 2 meses desde a data de alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.

O prazo xeral de presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2007.

Incompatibilidades

En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

Serán incompatibles coas establecidas nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de
emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Referencia legislativa

Orde do 6 de marzo de 2007 (publicada no DOG nº 54 do 16/03/2007) - Bases reguladoras e convocatoria 2007

Información y tramitación en

Consellería de Traballo - Tlfno: 981545612 / 981 544721 / 981 957731