El plazo de presentación finalizó el 15/09/2009

PROGRAMA DE AXUDAS A EMPRESARIOS SEN ASALARIADOS POLA CONTRATACIÓN DO SEU PRIMEIRO TRABALLADOR FIXO (TR345D)

Finalidad / Objetivo

Este programa ten por obxecto incidir nos empresarios sen asalariados para que contraten o seu primeiro traballador fixo, coa finalidade de impulsar a capacidade de creación de emprego das pequenas empresas e favorecer a inserción laboral de desempregados.

Co dito fin establécense incentivos á contratación indefinida, a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos do primeiro traballador, contemplándose a posibilidade da contratación de familiares que poidan ter a consideración de traballadores por conta allea.

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido.

Beneficiarios potenciales

Empresas privadas sen asalariados que contraten con carácter indefinido ao seu primeiro empregado, sempre que este sexa desempregado, inscrito no Servizo Público de Emprego e pertenza a algún dos colectivos desfavorecidos relacionados na orde da convocatoria, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Deberán ter iniciado a actividade empresarial cunha antelación mínima dun ano ao comezo da prestación de servizos polo traballador contratado.
Entenderase que se trata do primeiro empregado cando na empresa, nos 24 meses anteriores á contratación indefinida, non prestasen servizos traballadores por conta allea, agás os contratos de duración determinada ou temporal que, no seu conxunto, non superen os 180 días.

Sectores incentivables

Todos.

Cualificación requerida del proyecto

Terán a consideración de colectivos desfavorecidos con maiores desvantaxes para o acceso ao mercado de traballo os seguintes:

a) Titulares de familias monoparentais, que teñan cargas familiares ou desempregados de unidades familiares nas que ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.
b) Demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación e sexan contratados nela.
c) Emigrantes retornados
d) Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións nas que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (B.O.E. 29-09-1998) para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con menor índice de emprego feminino ou que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de 2 anos, ou que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
e) Mulleres maiores de 30 anos demandantes de primeiro emprego.
f) Desempregadas maiores de 30 anos que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores.
g) Desempregados pertencentes a colectivos en risco de exclusión social:


Perceptores da renda de integración social de Galicia, ou persoas que non poidan acceder á mesma, ben por falta do período exíxido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo da percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.
Persoas internas de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaría lles permita acceder a un emprego, así como liberados condicionais ou ex-reclusos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
Persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.
Menores internos incluídos no ámbito de aplicación da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixiada e os ex–reclusos.
Mozos e mozas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración Autonómica.
Persoas traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade autónoma cuxas características condicionen a súa integración social.
Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.
Mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.

Inversiones o gastos computables

Contratación do primeiro traballador con caracter indefinido.

Cuantía de las ayudas

A axuda consistirá nunha subvención de contía equivalente ao importe do 30% da base mínima do grupo de cotización ao que pertenza o traballador contratado, calculada sobre 3 anualidades. En ningún caso, a axuda poderá superar a contía de 4.500 euros se o contrato se realiza a xornada completa ou a parte proporcional se se realiza a tempo parcial.

Cando a contratación se realice con mulleres, o límite incrementarase ata 6.600 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

A axuda solicitarase nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2009, aínda que nesta data non transcorreran dous meses desde a celebración do contrato obxecto de subvención.

As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas desde o 16 setembro de 2008 e ata a data da publicación desta orde, poderán presentarse ata o 15 de maio de 2009.

Referencia legislativa

Orde do 11de marzo de 2009 (DOG Nº53 do 17/03/2009) - Bases e convocatoria 2009

Información y tramitación en

Consellería de Traballo - Tlfno: 981 957727