El plazo de presentación finalizó el 08/11/2021

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA - SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS POST COVID DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS (TU503E)

Finalidad / Objetivo

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos post covid.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Suxeita ao réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) do sector da hostalaría que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.

Para os efectos destas axudas, considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

A Axencia Turismo de Galicia fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT).

3. Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.

4. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

5. Non poderán obter a condición de beneficiaria:

- Aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

- Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

Sectores incentivables

Hostalaría.

Inversiones o gastos computables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante ata o 30 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

• Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.

• Sistemas de chekin-in automáticos.

• Carteleira, rotulación, sinalética e actuacións vinculadas con esta.

• Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).

• Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).

• Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.

• Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.

• Novo equipamento de hixienizado e lavado.

• Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.

• Equipamento multiservizo.

2. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coas actuacións subvencionables e, en ningún caso, os seguintes:

a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.

b) Adquisición de bens de equipo de segunda man.

c) Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como menaxe de cociña e comedor (vaixela, cubertaría, cristalaría e pequenos utensilios), enxoval dos cuartos e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias, coa excepción dos envoltorios e material dun só uso recollidos no punto anterior.

d) Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría,...).

e) Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.

f) Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuantía de las ayudas

O importe máximo de subvención será dunha porcentaxe do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan de acordo co investimento realizado:

• O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo ou entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

As subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo proxecto ou finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade, procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os límites aplicables segundo a normativa de axudas de Estado.

Referencia legislativa

Resolución do 4 de outubro de 2021 (DOG Nº193 do 06/10/2021) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Información: Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions


b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) O teléfono 900 81 53 34

d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Observaciones

A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 10 de decembro de 2021