El plazo de presentación finalizó el 02/08/2012

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRIVADAS PARA CREACION DE HOTEIS BALNEARIO E HOTEIS TALASO (TU988A)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para:

- Creación ou mellora de hoteis-balneario.

- Creación ou mellora de hoteis-talaso.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Os titulares dos hoteis que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter un dereito sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.
Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

Sectores incentivables

Hoteis-balneario
Hoteis-talaso.

Requisitos principales del proyecto

Para os efectos desta resolución considéranse:

– Hoteis-balneario: aqueles hoteis do grupo I, que cumpren a normativa sectorial vixente en materia de industria, sanidade e turismo e que contan con instalacións que ofrecen técnicas con augas minero-medicinais, declaradas así pola Administración pública e dispoñen de servizo médico. Inclúense aquí tanto os hoteis-balneario tradicionais ou de cura termal con técnicas crenoterápicas, hidroterápicas efectuadas a un ritmo, intensidade, duración e frecuencias establecidas por un médico, como os especiais, que ofrecen alternativas lúdicas tales como piscina de hidromasaxe, relaxación e tonificación, chorro de hidromasaxe manual, baño turco, tratamentos de barro e de sales.

– Hoteis-talaso: os hoteis do grupo I que, estando dotados dos medios axeitados e baixo control de persoal cualificado, utilizan a auga do mar, o clima mariño, as algas, os lodos, areas e outros elementos ou substancias do medio mariño con fins beneficiosos para a saúde, tendo en conta que a captación se efectuará directamente do mar e que cumpren a normativa sectorial vixente en materia de industria, sanidade e turismo.

Inversiones o gastos computables

Poderán ser obxecto de subvención, os seguintes investimentos:

Liña A) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-balneario.

Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-talaso.

Liña C) de axudas destinadas ao equipamento dos proxectos de creación das liñas A) e B).

– Equipamento subvencionable para habitacións. Considérase investimento subvencionable o correspondente ao seguinte equipamento: camas, mesas de noite, mesas auxiliares/escritorio, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas, minibares e colchóns

O investimento subvencionable detallarase a través dunha relación por partidas, sen que no seu importe estea engadido o IVE, e calcularase en función da categoría e do nú¬mero de cuartos tendo en conta o custo máximo por cuarto segundo o seguinte cadro:

Hotel --------- Nº cuartos: 0/50 ---------- Nº cuartos: 51/100 --------- Nº cuartos: + 100
Cinco estrelas 9.000,00 €/cuartos - 6.750,00 €/cuartos - 5.850,00 €/cuartos
Catro estrelas 7.000,00 €/cuartos - 5.250,00 €/cuartos - 4.550,00 €/cuartos
Tres estrelas 5.000,00 €/cuartos - 3.750,00 €/cuartos - 3.250,00 €/cuartos
Dúas estrelas 3.200,00 €/cuartos - 2.250,00 €/cuartos - 1.950,00 €/cuartos
Unha estrela 1.500,00 €/cuartos - 1.125,00 €/cuartos - 975,00 €/cuartos

– Equipamento subvencionable para espazos comúns: lobby/recepción, salón social, salóns e/ou salas e corredores. Considérase investimento subvencionable o correspondente ao seguinte equipamento: mesas, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas.
O investimento subvencionable detallarase a través dunha relación por partidas, sen que no seu importe estea engadido o IVE, e calcularase en función da categoría do hotel tendo en conta o custo máximo segundo o seguinte cadro:

Hotel Importe máximo subvencionable
Cinco estrelas 40.000,00 €
Catro estrelas 35.000,00 €
Tres estrelas 25.000,00 €
Dúas estrelas 15.000,00 €
Unha estrela 9.000,00 €

– Equipamento específico para espazo balneario: hamacas, cadeiras e padiolas.
O investimento subvencionable detallarase a través dunha relación por partidas, sen que no seu importe estea engadido o IVE, e calcularase en función da categoría do hotel tendo en conta o custo máximo segundo o seguinte cadro:

Hotel Importe máximo subvencionable
Cinco estrelas 10.000,00 €
Catro estrelas 8.750,00 €
Tres estrelas 6.250,00 €
Dúas estrelas 3.750,00 €
Unha estrela 2.250,00 €

En particular considérase investimento subvencionable a execución material das obras que se acometan para a creación dos establecementos obxecto desta resolución. Igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, por tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipamento que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, equipamento termal etc...). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as devanditas condicións, agás o que se sinala na liña C).

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución louza e análogos, e a adquisición de terreos.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Para os efectos de cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra non serán superiores ao 8% do orzamento de execución material subvencionable.

Unicamente poderán recibir subvención, no caso de pemes, aqueles proxectos que se executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade.

Cuantía de las ayudas

Os proxectos que se recollen nesta resolución como accións subvencionables pode¬rán acadar unha subvención de ata o 40% sobre o investimento subvencionable no caso de pemes e ata o 30% sobre o custo elixible no caso de grandes empresas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil se¬guinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

Estas axudas poderán ser compatibles con outras para a mesma finalidade sempre que o conxunto de todas as concedidas para os mesmos elementos subvencionables non superen os límites máximos de axuda establecidos no anexo do Decreto 432/2009. Este límite é do 30%, porcentaxe que se poderá incrementar ata o 50% cando se trate de pe¬quenas empresas, ou ata o 40% se se trata de medianas empresas. Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Estas axudas non se poderán acumular con outras axudas declaradas de minimis relati¬vas aos mesmos gastos subvencionables se a contía resultante supera os devanditos límites.

Os proxectos desenvolveranse no territorio de Galicia e financiaranse con cargo a fondos Feder.

Referencia legislativa

Resolución do 22 de xuño de 2012 (DOG Nº130 do 02/07/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Información:

a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org)
b) Os teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 e o fax 981 54 63 71 da devandita secretaría xeral.
c) Enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es
d) Presencialmente.