El plazo de presentación finalizó el 29/06/2012

SUBVENCIÓNS PARA INCENTIVAR O TURISMO MEDIANTE A MELLORA DE ALBERGUES TURÍSTICOS

Finalidad / Objetivo

Mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para a mellora da infraestrutura e equipamento dos albergues turísticos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Os titulares dos albergues turísticos que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter un dereito sobre eles, acreditado por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. En calquera caso o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Será requisito imprescindible, que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a que se solicita a axuda.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sectores incentivables

Turismo.

Inversiones o gastos computables

Poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:

– Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes nos albergues turísticos da Comunidade Autónoma.

• Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
• Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúe o establecemento.
• Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos.
• Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: aforro enerxético, mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
• Obras destinadas á adecuación e modernización das instalacións.

– Liña B) de axudas destinadas a equipamentos dos albergues turísticos.

• Equipamento subvencionable para cuartos.
Considérase investimento subvencionable: camas, mesas de noite, mesas auxiliares/escritorio, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas, colchóns. Será requisito indispensable que o albergue teña un período mínimo de funcionamento de 7 anos.

O investimento subvencionable detallarase a través dunha relación por partidas, sen que no seu importe estea engadido o IVE ata un custo máximo por albergue turístico que ascende a 30.000 €.

• Equipamento subvencionable para espazos comúns: lobby/recepción, salón social, salóns e/ou salas e corredores.
Investimento subvencionable: mesas, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas.
Será requisito indispensable que o hotel teña un período mínimo de funcionamento de 7 anos.

O Investimento subvencionable detallarase a través dunha relación por partidas, sen que no seu importe estea engadido o IVE ata un custo máximo por albergue turístico de 9.000 €.

• Sinalización turística. O solicitante deberá indicar o tipo de sinal e a súa situación exacta a través de planos de detalle coa súa descrición e situación, que deberá cumprir o estipulado no Decreto 138/2008, do 22 de maio, de sinalización turística de Galicia.

O investimento subvencionable máximo por albergue turístico neste punto ascende a 4.000 € e a súa xustificación quedará supeditada á achega da licenza ou permiso do concello ou administración titular dos terreos onde se pretenda situar cada un dos sinais.

A mellora subvencionable non poderá supoñer un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración turística.

As actuacións previstas que excedan o dito 10% non serán subvencionables. En todo caso, deberá presentarse a desagregación orzamentaria do proxecto que reflicta o custo correspondente á creación de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención.
No caso de ter gozado dunha subvención semellante nos últimos 5 anos, non poderá incrementarse ningunha
praza.

En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento.

En particular, considérase investimento subvencionable a execución material das obras que se acometan para a mellora dos establecementos obxecto desta resolución.
Igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, etc.).

Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as devanditas condicións, agás o que se sinala na liña B).

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución louza e análogos e a adquisición de terreos.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.

Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Para os efectos de cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra non serán superiores ao 8% do orzamento de execución material subvencionable.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen a partir do 1 de xaneiro de 2012.

Cuantía de las ayudas

Subvención de ata o 40% sobre o custo elixible Feder, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais.

Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido.

O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade subvencionada.

Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Referencia legislativa

Orde do 22 de maio de 2012 (DOG Nº101 do 29/05/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org).

b) Os teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 e o fax 981 54 63 71 da devandita Secretaría Xeral.

c) Enderezo electrónico: axudas.turismo@xunta.es

d) Presencialmente.