El plazo de presentación finalizó el 07/05/2016

AXENCIA TURISMO DE GALICIA - SUBVENCIÓNS CON OBXECTO DE IMPLEMENTAR AS NORMAS UNE PARA A CERTIFICACIÓN DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA (TU970A)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2016 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2016.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva suxeita ao réxime de mínimis

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), a actividade turística para a cal se solicita a axuda.

Os anteditos beneficiarios deben estar comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir coa documentación achegada polo solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sectores incentivables

Turismo.

Requisitos principales del proyecto

-

Inversiones o gastos computables

Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:

• Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior e quedan excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2016.

• Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2016, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Só se pagará a axuda no caso do logro efectivo da certificación correspondente, que se deberá acreditar de maneira fidedigna ante a Axencia Turismo de Galicia e non se pagará, en ningún caso, a axuda sen esta condición.

Cuantía de las ayudas

As axudas poderán acadar un máximo de ata o 65 % do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000 euros para os procesos de primeira certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000 euros para procesos de seguimento.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencions, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Estas axudas están suxeitas ao réxime de mínimis.

Referencia legislativa

Resolución do 18 de marzo de 2016 (DOG Nº66 do 07/04/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal

b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.

c) Enderezo electrónico xerencia.turismo@xunta.es

d) Presencialmente.