El plazo de presentación finalizó el 29/10/2016

INVESTIMENTOS NO ÁMBITO DA ACUICULTURA

Finalidad / Objetivo

Axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, co fin de fomentar unha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva:

a) Investimentos produtivos na acuicultura.
b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.
c) Modernizar os centros acuícolas.
d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.
e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.
f) Recuperar estanques ou lagoas acuícolas existentes mediante a eliminación do lodo ou investimentos para previr os depósitos de lodo.
g) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

As empresas acuícolas.

Para os efectos desta orde, considéranse empresa acuícola as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de acuicultura situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as que establezan novos centros en Galicia.

Sectores incentivables

As empresas acuícolas.

Cualificación requerida del proyecto

1. Con carácter xeral, as actuacións para as cales se solicita axuda non poderán estar iniciadas antes da presentación da solicitude.

2. O non inicio do investimento acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, certificación que se solicitará coa propia presentación da solicitude.

3. Non precisarán da certificación a que fai referencia o punto anterior os investimentos que se refiren a instalacións de equipamentos que non requiran a autorización para a súa instalación, sempre que o investimento declarado polo interesado sexa igual ou inferior a 6.000 euros.

Nestes supostos, o non inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable (anexo II) de que os investimentos non foron iniciados. No caso de que estas actuacións se refiran a investimentos que requiran obras, precisarán da acta de non inicio realizada polos servizos da Consellería do Mar.

4. No caso de que o investimento consista en proxectos técnicos, o non inicio acreditarase mediante a factura, que poderá ser de data de ata tres meses antes da presentación da solicitude, salvo no caso das actas de non inicio anticipadas, que terán que ser de data posterior á certificación destas.

Inversiones o gastos computables

a) Investimentos produtivos na acuicultura que teñan, preferentemente, as seguintes finalidades:

– Actuacións para o desenvolvemento dunha acuicultura sustentable e competitiva.

– Aumento da produción de especies con boa perspectiva de mercado.

– Favorecer a posibilidade de cultivar macroalgas para agar, xelatinas e fertilizantes.

– Nutrición e alimentación (optimización de pensos, manuais de boas prácticas de alimentación, melloras tecnolóxicas de seguimento e monitorización).

b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas que teñan, preferentemente, as seguintes finalidades:

– Favorecer a posibilidade de cultivar macroalgas para agar, xelatina e fertilizantes.

– Posibilitar a xeración de enerxía a partir dos procesos produtivos acuícolas.

– Diversificar especies.

– Domesticación (investigación, recursos xenéticos, desenvolvemento de normativa de acuicultura baseada en capturas).

– Incidir na diversificación de especies acuícolas (corvina, cherna, tilapia, langostino, esturión, ostra plana, perca, ameixa, pectínidos) e impulsar cultivos multitróficos.

– Promocionar o cultivo de microalgas para nutrición humana e animal, biocombustibles e cosmética.

c) Modernizar os centros acuícolas, que teñan, preferentemente, as seguintes finalidades:

– A mellora das condicións de traballo e de seguridade dos traballadores do sector acuícola.

– O desenvolvemento dun sistema de vixilancia ambiental en continuo.

d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e co benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.

e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor e que teñan, preferentemente, as seguintes finalidades:

– Apoio a iniciativas para o desenvolvemento de novas presentacións de produtos.

– Fomento da acuicultura que ofreza beneficios ambientais.

– Fomento para o desenvolvemento de alternativas que engadan valor aos produtos comercializados.

– A optimización do valor engadido (calidade, sanidade, ecoloxía...).

f) Recuperar estanques ou lagoas acuícolas existentes mediante a eliminación do lodo ou investimentos para previr os depósitos de lodo.

g) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

A axuda prevista na letra g) concederase unicamente ás empresas acuícolas se as actividades complementarias poden vincularse á actividade acuícola principal da empresa, incluídos o turismo de pesca deportiva, os servizos ambientais relacionados coa acuicultura ou as actividades educativas sobre a acuicultura.

Estas axudas poderán concederse para o aumento da produción ou para a modernización de empresas acuícolas existentes, ou para a construción de novas empresas, a condición de que o desenvolvemento sexa coherente co plan estratéxico nacional plurianual para o desenvolvemento da acuicultura

Cuantía de las ayudas

A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable para as empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas.

Para as empresas que non teñan esa consideración (grandes empresas) a contía máxima da axuda será o 30 % do investimento máximo subvencionable.

O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Incompatibilidades

Os gastos cofinanciados pola presente orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 95 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio.

Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada beneficiario supere os límites que se indican no punto anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se vai conceder.

Referencia legislativa

Orde do 13 de setembro de 2016 (DOG Nº186 do 29/09/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ACUICULTURA

Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura
San Caetano, s/n
15781 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546300 Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal