El plazo de presentación finalizó el 28/02/2022

PE155A - AXUDAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVAS

Finalidad / Objetivo

Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP), aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP).

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroadas ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

c) Cando a beneficiaria sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recolla nos seus estatutos.

d) No caso de municipios densamente poboados en que a EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), poderán ser beneficiarias:

1º. As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal no municipio e en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro.

No caso de que a persoa xurídica desenvolva actividades noutros sectores, deberá acreditar, no momento da solicitude, que a maior parte da súa facturación provén do sector pesqueiro.

2º. As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares. Enténdese por familiares do sector pesqueiro aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida no ano inmediato anterior á data da solicitude, que sexa ou fose un/unha pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifesta.

3º. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

e) As beneficiarias dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, excepto as entidades públicas de carácter local.

f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Requisitos principales del proyecto

1. Os proxectos que se presenten poderán ser para investimentos produtivos ou para investimentos non produtivos.

2. Defínense como investimento produtivo as actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñan a creación e/ou mantemento de emprego.

Naqueles supostos de proxectos para investimentos produtivos que se amparen no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis ( DO L 352, do 24 de decembro), exixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).

3. Defínense como investimento non produtivo as actividades que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectas a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, incluso constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.

4. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vaian desenvolver.

b) Estar localizados no ámbito territorial elixible de cada GALP.

c) Ser viables técnica e economicamente.

d) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

Cuantía de las ayudas

a) A porcentaxe de axuda máxima para proxectos de investimento produtivo ascenderá ao 50 % do gasto subvencionable total da operación.

b) No caso de operacións vinculadas á pesca costeira artesanal, a axuda pode incrementarse ata o 80 %. Entenderanse vinculadas á pesca costeira artesanal aquelas operacións desenvolvidas por aquelas persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo directamente actividades de pesca costeira artesanal e aquelas operacións levadas a cabo por entidades asociativas do sector pesqueiro que desenvolvan proxectos dirixidos soamente ao sector da pesca costeira artesanal.

c) No caso de confrarías de pescadores e asociacións profesionais do sector pesqueiro ou asociacións integradas polas entidades mencionadas, a porcentaxe máxima de axuda para os proxectos produtivos non superará o 80 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto, cando a operación responda aos seguintes criterios: interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Incompatibilidades

1. As axudas recollidas nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda, subvención ou recurso público e privado, sempre que o mesmo gasto ou investimento non teña financiamento parcial ou total procedente doutro fondo europeo estrutural e de investimento (EIE) ou instrumento financeiro comunitario, nin polo mesmo fondo conforme un programa ou medida diferente e, ademais, que o importe acumulado das axudas non exceda o custo da actividade subvencionada.

2. No caso de que a suma de todas as axudas supere os devanditos límites, procederase por resolución do órgano concedente á minoración da axuda concedida.

3. Os beneficiarios deberán comunicarlle, por escrito, á entidade colaboradora a obtención de calquera outra axuda e deberán achegar, de ser o caso, a resolución de concesión.

Referencia legislativa

Orde do 27 de decembro de 2021 (DOG nº 18 do 27/01/2022) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

Consellería do Mar
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca

Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546147/ 981546150

Email: galp.cm@xunta.gal

http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqueiro

As solicitudes irán dirixidas ao grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) e axustaranse ao formulario normalizado que figura como anexo I.