El plazo de presentación finalizó el 16/04/2018

MR404A - AXUDAS Á INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA

Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como finalidade asegurar a competitividade e a continuidade das explotacións agrarias de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe/a da dita explotación.

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria (procedemento MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser agricultor mozo.

Considerarase que o solicitante xa tivo actividade agraria propia e consecuentemente xa foi titular dunha explotación agraria, se xa declarou rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo mozo que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.

Como excepción, tamén terán a consideración de agricultor mozo:

a. Aquel que sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.

b. Aquel que, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

c. Aquel que, sendo titular dunha explotación agraria, esta condición de titular fose motivada por algunha das causas de forza maior recollidas no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

b) Cumprir a condición de agricultor profesional.

c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.

d) A explotación na que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.

e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.

g) Exercer o control efectivo da explotación.

h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Sectores incentivables

Agricultura

Requisitos principales del proyecto

1. A primeira instalación dun/ha agricultor/a mozo/a deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.

b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria (modalidade 2).

c) Modalidade 3: integración como socio/a nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria ou que adquira esta condición coa incorporación do mozo, no caso de ser de nova creación.

d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.

e) Modalidade 5: acceso cando sendo titular dunha explotación agraria cuio marxe neto non supere o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.

f) Modalidade 6: acceso cando sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

g) Modalidade 7: acceso cando sendo titular dunha explotación agraria, esta condición de titular fose motivada por algunha das causas de forza maior recollidas no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Cualificación requerida del proyecto

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude de ningún modo garante a súa aprobación. Os custos xerais vinculados directamente a un proxecto de investimento en materia de produción dos produtos agrícolas serán subvencionados incluso cando se produzan con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

Cuantía de las ayudas

A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa cuantía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social do mozo durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria establecida no artigo 25 desta orde, establecida en 20.000 euros, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 euros:

a) De acordo co volume de gasto dedicado á posta en marcha da nova explotación, e para a compra de animais ou plantas non anuais que incrementen a dimensión produtiva das explotacións existentes cuxa necesidade ou conveniencia se axuste ao plan empresarial: a prima incrementarase nun valor equivalente ao 40 % do gasto ata un máximo de 45.000 euros.

Exclúese a achega ao capital social. Tampouco se considera admisible investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais; e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal.

b) Creación de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente ao mozo instalado: 20.000 euros.

c) Instalarase nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013: 5.000 euros.

No suposto de que se instalen varios mozos na mesma explotación (plan empresarial conxunto), os incrementos establecidos nas letras a), b) e c) repartiranse a partes iguais entre os mozos que se instalen.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Referencia legislativa

Orde do 9 de marzo de 2018 (DOG nº 54 do 16/03/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Información y tramitación en

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS E ASOCIACIONISMO AGRARIO
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981546396 / 981546275
Fax: 981546892