El plazo de presentación finalizó el 09/03/2022

MR405A - AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que soliciten simultaneamente a axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.

2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a xubilación.

3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.

5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.

6. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que realice simultaneamente unha primeira instalación.

8. Non ter ningún expediente desta axuda aprobado, en convocatorias anteriores (PDR 2007-2013 e PDR 2014-2020), sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.

9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes nas cales a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo VI.

Sectores incentivables

Sector agrario

Requisitos principales del proyecto

Tanto para a axuda que se solicite pola submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, como para os gastos en investimentos necesarios para a posta en marcha da explotación que fan incrementar o importe da axuda da submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, terase en conta que só serán obxecto da axuda os investimentos efectuados despois de ter presentado a correspondente solicitude, coa excepción dos gastos xerais dos proxectos, de acordo co punto 2 do artigo 60 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Nos casos de investimentos en novas construcións ou adecuación de construcións existentes, así como naqueles investimentos que pola súa natureza o precisen, requirirase a realización dunha certificación de non inicio previa.

Cualificación requerida del proyecto

Establécese un investimento elixible mínimo de 5.000 euros para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 euros/UTA, cun máximo de 500.000 euros/beneficiario, nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de solicitude da axuda). Poderase destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola.

Inversiones o gastos computables

Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.

b) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.

c) A compra de construcións agrarias en desuso. Terán esa consideración aquelas construcións que non formen parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se encontre en estado de baixa ou inactividade previa á baixa e se poñan en uso e se incorporen no Reaga.

d) A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, coa excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020, como, por exemplo, castiñeiros e nogueiras, que non serán elixibles por esta medida).

e) A compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) A adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.



O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites seguintes:

a) A suma do importe da subvención non reembolsable máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o Regulamento (UE) nº 964/2014, non poderá exceder as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no anexo II do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

b) A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención non reembolsable non poderá superar o importe total do investimento subvencionable.

c) Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.

No caso de que supere os límites indicados nas letras a) e/ou b), reducirase a reducir a subvención non reembolsable concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatiblidade citados.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Referencia legislativa

Orde do 30 de decembro de 2021 (DOG nº 27 do 9/02/2022) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Teléfono: 981546959

Fax: 981546892

Observaciones

O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida é de 18 meses desde a resolución de aprobación.