El plazo de presentación finalizó el 26/12/2011

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NO EXTERIOR DESTINADAS Á COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS

Finalidad / Objetivo

Establecer as bases reguladoras das axudas aos investimentos no exterior destinadas á comercialización de produtos vitivinícolas.

Tipos de apoyo

Axudas en concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios das axudas os solicitantes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que cumpran ademais todos os requisitos seguintes:

1. Que se trate dunha microempresa o unha pequena ou mediana empresa (peme), segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Tamén serán admisibles as empresas que non sendo peme, teñan menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros.

2. Que produzan e/ou comercialicen os produtos que se describen no anexo XI ter do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, do 22 de outubro de 2007, e que estes fosen producidos en territorio español. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación deberá proceder da comercialización dos produtos do anexo XI ter do Regulamento n.º 1234/2007.

3. Que teñan actividade no momento de presentar a solicitude.

4. Que non se trate dunha empresa en dificultade, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise.

5. Que demostre suficiente capacidade e medios para asegurar a adecuada execución do investimento.

6. Que non incorran nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Sector vitinícola

Inversiones o gastos computables

1. Serán admisibles as operacións relativas aos investimentos materiais e inmateriais que seguen:

– Mellora da estrutura comercial.
1. Apertura e mellora de oficinas comerciais en países da UE, a excepción de España.
1.1. Construción/adquisición de locais para oficinas comerciais.
1.2. Acondicionamento de locais para oficinas comerciais.
1.3. Adquisición e instalación de equipamento para oficinas comerciais, mobiliario e informática.

– Desenvolvemento de canles de distribución.
2. Apertura e mellora de centros de distribución en destino (almacéns e centros loxísticos) en países da UE, a excepción de España.
2.1. Compra de terreos para edificación de almacéns.
2.2. Edificación/adquisición de edificios para almacéns.
2.3. Acondicionamento de edificios.
2.4. Adquisición e instalación de equipamento para almacéns e centros loxísticos (maquinaria, informática, material de oficina).

3. Apertura e mellora de locais comerciais (comercio retallista) en países da UE, a excepción de España.
3.1. Construción/adquisición de locais comerciais.
3.2. Acondicionamento de locais comerciais.
3.3. Adquisición de equipamento para locais comerciais.

2. Consideraranse como gastos subvencionables os recollidos no artigo 17 do Regulamento (CE) 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño de 2008, tales como a construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra ou aluguer con opción a compra de nova
maquinaria e equipamento, etc. Para estes efectos serán de aplicación os artigos 2 ao 10, ambos incluídos, do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no que sexan de aplicación.

Cuantía de las ayudas

Ata o 50% do investimento subvencionable cando o beneficiario sexa unha peme, e ata o 25% do investimento subvencionable no caso de empresas non peme con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comezará o día de entrada en vigor desta orde e rematará o día 26 de decembro de 2011.

Incompatibilidades

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou da Comunidade Autónoma dedicadas á mesma finalidade.

Referencia legislativa

Orde do 15 de decembro de 2011 (DOG Nº240 do 19/12/2011) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

Consellería de Medio Rural - Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais - Tlfno: 981 540 021

Observaciones

Os proxectos de investimento poderán executarse nun o dous períodos contados desde a data de solicitude ata o 1 de xullo do ano 2012 ou de 2013, segundo corresponda, sen posibilidade de prórroga. En ningún caso o remate do proxecto de investimento será
posterior ao 1 de xullo de 2013.