El plazo de presentación finalizó el 04/07/2013

AXUDAS Á UTILIZACIÓN DE SERVIZOS DE ACONSELLAMENTO POR TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Finalidad / Objetivo

Axudas destinadas a agricultores para facer fronte aos custos de utilización de servizos de aconsellamento destinados a mellorar o rendemento global da explotación.

Tipos de apoyo

Subvención

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que accedan de xeito voluntario aos servizos de aconsellamento, e que cumpran as seguintes condicións:

1. Ser persoa titular dunha explotación agraria, situada no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Acreditar o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da comunidade autónoma
3. Cumprir os requisitos e obrigas sinalados na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Acollerse aos servizos de aconsellamento prestados por entidades inscritas e recoñecidas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega), creado polo Decreto 235/2007, do 29 de novembro de 2007.

Sectores incentivables

Agricultura

Requisitos principales del proyecto

Axudas ás persoas titulares de explotacións demandantes de aconsellamento.

1. Poderán concederse axudas ás persoas titulares de explotacións demandantes do servizo de aconsellamento para sufragar os gastos, en concepto de honorarios, orixinados polos servizos prestados por entidades que estean inscritas e recoñecidas debidamente.

2. O aconsellamento demandado polas persoas titulares de explotacións agrarias deberá comprender, como mínimo, e no que resulte de aplicación á súa explotación, os seguintes ámbitos:

- Os referidos no Capítulo 1 do Regulamento (CE) nº 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro de 2009. Os requisitos mínimos de boas condicións agrarias e ambientais son os regulados polo Real Decreto 486/2009, de 3 de abril.

- As normas relativas á seguridade laboral derivadas da normativa comunitaria.

- No caso das persoas agricultoras mozas as relacionadas co inicio da súa actividade.

3. Ademais das materias de obrigado asesoramento, as persoas titulares de explotacións agrarias poderán solicitar asesoramento ás entidades recoñecidas noutros ámbitos citados no artigo 3 do Decreto 235/2007 e, con carácter xeral, noutras materias, co fin de acadar un asesoramento integral, incluído o asesoramento relativo á posta en marcha do contrato de explotación sustentable, así como asesoramento sobre cambio climático, enerxías renovables, xestión da auga, biodiversidade, e sobre a reestruturación do sector leiteiro, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 74/2009 do Consello.

Inversiones o gastos computables

Cuantía de las ayudas

A axuda limitarase ao máximo do 80% do custe subvencionable por servizo de asesoramento completo, establecido no anexo do Regulamento (CE) nº1698/2005.

O importe desta axuda será de ata 640 euros cando a explotación estea cualificada como prioritaria, e de ata 480 euros nos demais casos.

O importe da axuda prevista no apartado anterior poderá incrementarse ata un 15% cando a explotación estea situada en zona desfavorecida ou en zona de Natura 2000. A estes efectos, considerarase que cumpre esta última condición cando o 20 % da superficie declarada na solicitude unificada da persoa titular da explotación estea incluído en dita zona.

A axuda resultante da aplicación dos apartados 5 e 6 poderá incrementarse nun 50% no caso de que a persoa solicitante teña solicitado o Contrato de Explotación Sustentable (CES) de acordo coa Orde reguladora deste. Neste caso o pagamento desa porcentaxe esixirá que a resolución aprobatoria do CES sexa anterior á data de xustificación dos gastos das axudas a que fai referencia esta orde.

A axuda limitarase ao máximo do 80 % do custo subvencionable por servizo de asesoramento completo.

Para os efectos do cálculo da axuda, non serán admisibles orzamentos cun custo elixible inferior a 250 euros. Os custos unitarios máximos que se aplicarán ás actuacións elixibles son os que se recollen no anexo VII.

As persoas titulares de explotacións demandantes de asesoramento non poderán recibir axuda para máis de 5 servizos de asesoramento completo durante o período 2007-2013.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda destinada ao mesmo fin.

Referencia legislativa

Orde do 24 de maio de 2013 (DOG Nº105 do 04/06/2013) - Bases e convocatoria 2013

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
R/ VICENTE FERRER, 2
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981184547 Fax: 981182115


XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
RONDA DA MURALLA,70
27071 LUGO
Teléfono: 982889251 Fax: 982294808


XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32003 OURENSE
Teléfono: 988386692 Fax: 988386482


XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS
R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986805445 Fax: 986805406