El plazo de presentación finalizó el 14/07/2014

AXUDAS AOS PRODUTORES QUE PARTICIPEN EN PROGRAMAS DE PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

Finalidad / Objetivo

Fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, que poñan en valor a produción de alimentos de calidade diferenciada, mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.

Tipos de apoyo

Axuda en réxime de concorrencia competitiva polo sistema de rateo.

Beneficiarios potenciales

Os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2, recollidos no PDR de Galicia 2007-2013.

Sectores incentivables

Agroalimentario

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se é o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

Para a convocatoria de 2014, serán atendibles os gastos imputados á campaña anual que comprende o período que vai do 1 de xuño de 2013 ata o 31 de maio de 2014.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda poderá chegar ata o 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Plazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles ata o 100% dos gastos subvencionables con calquera outra para o mesmo fin que non teña financiamento total ou parcial do Feader ou doutros fondos da Unión Europea, sen superar os 3.000 € anuais por explotación.

Os beneficiarios teñen a obriga de comunicarlle de inmediato ao órgano concedente calquera subvención, axuda ou ingreso que, para a mesma finalidade e de calquera procedencia, solicitase ou lle fose concedida ou pagada.

Referencia legislativa

Orde do 11 de xuño de 2013 (DOG Nº116 do 19/06/2013) - Bases reguladoras
Orde do 5 de xuño de 2014 (DOG Nº112 do 13/06/2014) - Convocatoria 2014

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA

RÚA IRMANDIÑOS S/N - SALGUEIRIÑOS
15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981540055 Fax: 981540018