El plazo de presentación finalizó el 21/05/2016

MR351A - FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTOS AGRARIOS EN RÉXIME ASOCIATIVO

Finalidad / Objetivo

Esta axuda ten como finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (en diante, CUMA), as sociedades agrarias de transformación (en diante, SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei de cooperativas de Galicia.

b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 20 ou menos anos de antigüidade e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 20 anos posteriores á súa constitución.

Sectores incentivables

Agricultura.

Requisitos principales del proyecto

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude non garante en modo ningún a súa aprobación.

Inversiones o gastos computables

Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Maquinaria agrícola.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Non se subvencionarán:

a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.

b) O IVE e outros impostos que sexan recuperables.

c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.

Cuantía de las ayudas

1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, agás se a entidade está nunha zona con limitacións naturais, recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013, en que a axuda acadará o 50 % do custo elixible.

2. Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 500 euros de subvención.

3. Establécese un investimento mínimo de 5.000 euros para poder ser subvencionable, e un importe máximo de:

a) Cooperativas agrarias en xeral: 200.000 euros.

b) CUMA e SAT cuxo obxecto social prioritario sexa a utilización de maquinaria de carácter agropecuario: 150.000 euros.

c) Cooperativas de explotación comunitaria da terra e SAT procedentes de fusión de explotacións: 40.000 euros por explotación fusionada, ata un máximo de 150.000 euros.

4. Naqueles casos en que unha cooperativa solicitante proceda da fusión de dúas o máis cooperativas realizada nos dous anos anteriores á data de solicitude, o importe máximo será de 250.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (anexo IV), tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Referencia legislativa

Orde do 13 de abril de 2016 (DOG nº 76 do 21/04/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Teléfono: 981546186 / 981540053

http://mediorural.xunta.es/

Observaciones

O prazo de xustificación destas axudas remata o 1 de outubro de 2016, inclusive.