El plazo de presentación finalizó el 17/06/2013

AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CALIDADE DESENVOLVIDOS POR CONSELLOS REGULADORES DE DENOMINACIÓNS DE CALIDADE AGROALIMENTARIA

Finalidad / Objetivo

Axudas polo sistema de rateo para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica.

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia polo sistema de rateo.

Beneficiarios potenciales

Consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectores incentivables

Agroalimentario

Requisitos principales del proyecto

Serán subvencionables:

a) Todas aquelas actuacións realizadas, directa ou indirectamente, polos consellos reguladores, encamiñadas a garantir a calidade e a orixe dos produtos da correspondente denominación.

b) As actuacións en estudos, investigacións e desenvolvemento de programas encamiñados á mellora da calidade dos produtos obxecto de protección.

c) Os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador no cumprimento da norma EN-45011 ou na norma ISO 17065, aplicables a entidades que certifican produto, así como os das auditorías necesarias para o mantemento da acreditación. Tamén serán subvencionables os gastos para a acreditación na norma ISO 17025, e o mantemento desta, en que incorran os consellos reguladores que conten con laboratorio propio.

Inversiones o gastos computables

Consideraranse subvencionables:

a) Os gastos orixinados pola participación do persoal propio do consello regulador no desenvolvemento e execución dos programas de calidade.

b) A adquisición de bens de equipamento e materiais, incluídos os equipamentos e aplicacións informáticas, que se empreguen na execución dos programas de control. Tamén será subvencionable o alugamento e o leasing deste equipamento.

c) Os gastos derivados da realización de análises de laboratorio relacionados coa certificación do produto.

d) Os gastos de consultoría externa en que incorra o consello regulador para a preparación da documentación necesaria para acadar a acreditación e os das auditorías a que se vexa sometido tanto para a acreditación nas normas EN 45011, ISO 17065 ou ISO 17025, como para o seu mantemento.

e) Os gastos en estudos realizados por terceiros cuxo obxecto sexa a mellora da calidade do produto ou a mellora dos sistemas para o seu control.

Cuantía de las ayudas

1. Para a concesión destas subvencións resulta de aplicación o disposto no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.

2. A subvención asignada para cada programa poderá acadar como máximo o 50 % do importe da actividade subvencionable.

3. A repartición das axudas farase polo sistema de rateo. Atenderanse, en primeiro lugar, os gastos relacionados coa acreditación dos consellos reguladores na norma de calidade para entidades que certifican produto (norma UNE-EN 45011 ou ISO 17065, que a substituirá), cun máximo de gasto subvencionable de 12.000 euros e de 6.000 euros de axuda. Para consellos reguladores que teñan acreditados máis de un alcance, o investimento subvencionable incrementarase en 6.000 euros e a axuda en 3.000 euros por cada alcance adicional acreditado. Incluiranse aquí tamén os alcances acreditados no marco da norma ISO 17025 para aqueles consellos reguladores que conten con laboratorio propio.

Todos estes gastos estarán directamente relacionados co mantemento da acreditación e coas determinacións analíticas realizadas, por obriga da acreditación, por laboratorios acreditados para as ditas determinacións. Tamén poderán percibir esa cantidade os consellos reguladores aínda non acreditados para cubrir os gastos en que incorran polas actuacións relacionadas directamente co proceso de acreditación.

Para os demais gastos non incluídos no parágrafo anterior, o gasto máximo subvencionable será de 28.000 euros e o importe máximo de axuda por entidade beneficiaria será de 14.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta orde.

Incompatibilidades

Estas axudas non se acumularán con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención por categorías ou nunha decisión adoptada pola comisión.

O importe da subvención concedida sumado a outras axudas de minimis recibidas polo beneficiario non superará o importe de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

o importe da subvención concedida sumado a outras axudas de minimis recibidas polo beneficiario non superará o importe de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

Referencia legislativa

Orde do 16 de maio de 2013 (DOG Nº93 do 16/05/2013) - Bases e convocatoria 2013

Información y tramitación en

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

Complexo administrativo de San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 108 / 09