El plazo de presentación finalizó el 27/05/2019

INEGA - PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS (IN421G)

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica

Tipos de apoyo

Subvención

Beneficiarios potenciales

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 6 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma. O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se efectuase a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 24 destas bases.

2. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) 651/2014.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos ou outros compromisos que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior.

Cualificación requerida del proyecto

Proxectos que se subvencionan:

1. Co obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, no caso de que fose necesario, as instalacións financiadas deben cumprir cos requisitos establecidos no Real decreto polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE) respecto a instalacións térmicas, coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE.

No caso das caldeiras de biomasa, os equipamentos térmicos terán una cualificación enerxética en modo calefacción igual ou superior a D para que o proxecto sexa subvencionable, sempre e cando esta cualificación enerxética sexa de aplicación.

a) Bombas de calor.

No caso das bombas de calor, os equipamentos que se instalan deberán contar cun coeficiente de eficiencia enerxética en modo calefacción (COP) igual ou superior a 3,5, nas condicións establecidas na norma que os afecten (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc.).

b) Solar térmica.

Considéranse neste punto as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.

Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4-Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación (CTE), aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, independentemente da porcentaxe de contribución solar que cubra a instalación solar proxectada nestes usos. Para instalacións afectadas polo CTE que tamén se destinen a outras aplicacións non obrigadas por esta normativa, unicamente se poderá obter axuda pola parte correspondente a estas últimas aplicacións.

As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción no sector doméstico e terciario unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50 ºC), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.

Inversiones o gastos computables

1. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira….). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

2. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

3. O custo do sistema de almacenamento do combustible.

4. O custo do sistema de alimentación do combustible.

5. O custo de montaxe e conexión.

6. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

7. No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, de ser o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

8. Non son subvencionables:

a) O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable. Os concellos e demais entidades de dereito público non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, número 1, da Directiva 2006/112/CE do Consello, polo que o IVE soportado por estes se considerará subvencionable.

En todo caso, aquelas persoas xurídicas que gocen da exención de IVE ou dun réxime de pro rata deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria ou documentación acreditativa da pro rata do último exercicio.

b) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

c) As obras de mantemento.

d) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

e) A obra civil non asociada á instalación dos equipamentos nin os gastos de legalización.

f) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa fosen obxecto de axuda anteriormente.

Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Cuantía de las ayudas

A contía máxima da axuda por proxecto de biomasa será de 250.000 euros. En proxectos de aerotermia e xeotermia a axuda máxima será de 100.000 € e en solar térmica 15.000 euros.

3. A contía máxima por beneficiario será de 300.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Referencia legislativa

Resolución do 9 de abril de 2019 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2019) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541500

Email: inega.info@xunta.gal

www.inega.es